DUVI

Diario da 鶹

‘Desequilibrios’ est inspirada no libro 'Alguén voou sobre o nio do cuco'

A aula teatral do campus estrea en Portugal a súa nova producin

Acadou o galardn do público no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Internacional
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Ourense 20/03/2024

Cada curso académico, a Aula de Teatro do Campus de Ourense Maricastaa crea unha obra teatral coa que logo xira por diferentes festivais e espazos escénicos da pennsula ibérica. Despois de varios meses de traballo, a producin deste ano xa est lista. Trtase de Desequilibrios, que acaba de ser estreada en Portugal, no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior, onde acadou o premio do público.

A aula arrancou en outubro a súa actividade formativa, na que participa arredor dunha ducia de persoas e que se desenvolve semanalmente nas instalacins do campus de Ourense a cargo dos membros de Sarabela Teatro Fina Calleja, Sabela Gago, Flor Figueroa, Elena Seijo e Fernando Dacosta, o seu director. Froito destes meses de traballo, preséntase Desequilibrios, con dramaturxia, escenografa e direccin de Fernando Dacosta e inspirada libremente no libro Alguén voou sobre o nio do cuco, de Ken Kesey.

Unha historia de amizade, de revolta, de represin

Ambientada nun manicomio que “est obsoleto” e no que o “tratamento de shock que reciben as persoas dscolas est sendo cuestionado”, a obra propn unha “historia de forzas en oposicin: as daquelas persoas que teen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura”. Desequilibrios é, engaden desde a súa organizacin, unha “historia de amizade, de revolta, de represin, de creatividade, de amor, de liderado, de sacrificio” que contén humor e morte, comedia e traxedia, “como a vida mesma”. A peza, apunta Fernando Dacosta, “pon diante de ns os desequilibrios que afrontamos cada da. O lado da balanza no que decidamos poernos é cousa nosa”.

A obra foi presentada recentemente no 28º Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal), onde acadou o premio do público. “Estamos moi agradecidos pola acollida do Teatr'Ubi e de Covilhã”, comenta Fernando Dacosta, dando os parabén organizacin do festival e s compaas participantes. Satisfeito por ter acadado o recoecemento do público nesta estrea, sublia que “seguir e poder estar é o premio”. A prxima cita de Desequilibrios ser nos escenarios galegos, a principios de maio, na celebracin da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense Miteu.