DUVI

Diario da 鶹

A primeira sesin da iniciativa contou coa participacin da escritora An Alfaya

A Aula Aberta de Educacin e Traballo Social arranca falando das “infancias invisibles”

Do eido investigador estivo Jesús Deibe Fernndez, especialista en menores en risco de exclusin

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI Ourense 28/09/2022

Este martes pola tarde arrancou na Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense unha nova edicin da súa Aula Aberta, nada o pasado curso académico co dobre obxectivo de fomentar o uso do galego e a reflexin crtica sobre temas de interese social. A sesin, presentada pola alumna de Educacin Infantil do centro Sandra Gonzlez, contou coa participacin da escritora An Alfaya, que na súa novela O grupo fala desa infancia invisible, e do profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social Jesús Deibe Fernndez Simo, especialista no eido de menores en risco de exclusin social. Nela tratouse “esas infancias que transcorren por camios complexos e que moitas veces nos pasan totalmente desapercibidas pero que forman parte da sociedade, como é a dos rapaces e rapazas en centros de menores”, tal e como explicou Isabel Mocio, vicedecana da facultade organizadora (e xunto tamén profesora e vicedecana Ana Mª Iglesias responsable do seu plan de normalizacin lingüstica).

A iniciativa, que ten o lema Á espreita dos ros subterrneos, continúa este curso académico cunha programacin de tres sesins centradas en “realidades invisibilizadas” que se desenvolvern ao longo do primeiro cuadrimestre coa participacin das escritoras An Alfaya, Paula Carballeira e Eva Mejuto e con especialistas nos eidos abordados. A iniciativa, explican desde o centro, quere contribur a fortalecer o plan de normalizacin do uso da lingua galega que ten a Facultade de Educacin e Traballo Social nos seus graos en Educacin Infantil e de Educacin Primaria e conta coa colaboracin da Vicerreitora do Campus de Ourense, a Área de Normalizacin Lingüstica e a Unidade de Igualdade da 鶹.

Mis programacin

A segunda sesin da Aula Aberta ser o 7 de outubro, s 11.00 horas e co lema Ros subterrneos: correntes migrantes. Neste caso, a reflexin focalizarase “na situacin de persoas que vivindo na nosa sociedade moitas veces estn invisibilizadas por prexuzos raciais ou de procedencia”. A visin literaria chegar da man da escritora Paula Carballeira, “unha das contacontos mis internacional que temos unha das primeiras que escribiu e deu voz a unha cultura diferente en lingua galega coa novela Smara”, tal e como comenta Isabel Mocio. Con ela estar Paula Jorge Horta, mestra formada na Facultade de Educacin e Traballo Social ourens e que ten abordado en primeira persoa nas súas canles en redes sociais os prexuzos raciais que ten vivido pola cor da súa pel.

A programacin deste cuadrimestre da Aula Aberta da Facultade de Educacin e Traballo Social rematar o da 4 de novembro, s 11.00 horas, cunha sesin titulada Ros subterrneos: identidades lquidas, centrndose neste caso nas identidades de xénero. “A sociedade est mudando a percepcin da construcin de xénero, da identidade, e queremos coecer situacins e vivencias de persoas que transitaron por esa lia e que teen moito que contar”, sinala Isabel Mocio. Nesta actividade participarn Eva Mejuto, escritora autora da obra 22 segundos, onde narra a vivencia de cambio de xénero dun adolescente; Éric Dopazo, músico e youtuber, e Mara Victoria Fernndez Carrera, investigadora da 鶹 especialista en temas de xénero e identidade. Todas as sesins, abertas s persoas interesadas, celebraranse na sala Emilia Pardo Bazn da Facultade de Educacin e Traballo Social, sendo a inscricin de balde.