DUVI

Diario da 鶹

Afonda na relacin entre o Nobel e a pintora portuguesa Graça Morais

Arrancan as celebracins do centenario de Saramago coa inauguracin dunha exposicin

Pode visitarse na sala de exposicins da Sede Afundacin Vigo ata o 29 de outubro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
D. Besado DUVI 19/10/2022

A cita grande ser a partir do vindeiro mércores 26 de outubro, coa inauguracin da , pero desde esta semana a 鶹 atpase xa inmersa na celebracin do centenario do nacemento do Nobel. As actividades de celebracin arrancaron no sern deste martes coa inauguracin da mostra Graça Morais e José Saramago: a arte de pensar O Ano de 1993, comisariada polo profesor Burghard Baltrusch, director da I Ctedra Internacional José Saramago; Egdia Souto, da Université Sorbonne Nouvelle, e Joana Baião, investigadora do Laboratorio de Artes na Montanha Graça Morais.

A mostra, organizada co gallo da conmemoracin do centenario do nacemento de José Saramago (1922-2010), aborda, tal e como explican os seus comisarios, a amizade e o fértil encontro entre o escritor e a pintora Graça Morais (nada en 1948), testemuados polos traballos expostos, por primeira vez, en reproducins de gran calidade: 9 dos 10 deseos concibidos pola artista para a segunda edicin, “esgotada hai moito tempo”, do libro O Ano de 1993 (1987); e o retrato do escritor, inédito, executado algún tempo despois do seu falecemento. 

O Ano de 1993 é un poema filosfico estruturado a partir da compilacin de trinta textos alegricos en prosa poética”, salienta Baltrusch, ao tempo que explica que o primeiro poema foi escrito en marzo de 1974, “en resposta a unha tentativa falida de levantamento militar que visaba por fin ao réxime ditatorial portugués”. A obra foi concluda e publicada en 1975, despois da Revolucin dos Caraveis (25 de abril de 1974) e nun contexto de incerteza do rumbo que ira ser tomado pola nova democracia. “De a a construcin dunha narrativa non-linear que referencia a represin sobre a sociedade, a resistencia, a violencia revolucionaria e, simultaneamente, o desexo de liberdade e a esperanza”, sublian desde a organizacin.

10 composicins e un particular xogo entre a escrita e a pintura

En 1987 José Saramago desafiou a Graça Morais a concibir os deseos que viran ser publicados na segunda edicin do libro O Ano de 1993, estimulando as un encontro entre dous mundos – o da escrita e o da pintura – que “não s se encontraram e reconheceram, como, assim o creio, se identificaram” (Saramago, 2002). A pintora produciu entn unha serie de dez composicins que establecen un xogo coa natureza fragmentaria do poema. Con todo, Graça Morais evitou a ilustracin directa, antes optando por (re)crear segmentos daquel universo onrico, ampliando as o seu valor estético e poético. Consciente de como a comun entre o seu texto e o traballo artstico de Graça Morais resultaron nun novo conxunto interartstico, José Saramago quixo que, na publicacin, o nome da artista aparecese en pé de igualdade co seu. “Nesta exposicin recordamos este encontro poético entre a palabra escrita e a imaxe, entre dúas grandes personalidades cuxas obras fecundas teen, sempre, o poder de interpelarnos”, recalcan os comisarios.

A pintora visitar a mostra o 27 de outubro

Graça Morais naceu en 1948 nunha pequena poboacin do interior nordeste de Portugal, preto de Bragança. Formouse en Pintura no Porto, pasou por Pars e acabou por asentarse en Lisboa na década de 1980. A pintora sempre mantivo un forte vnculo coa súa aldea natal e todo o seu universo pictrico desenvlvese en torno dunha reivindicacin consciente das súas orixes. Entre 1974 e a actualidade, Graça Morais realizou e participou en mis de dúas centenas de exposicins individuais e colectivas, en Portugal e no estranxeiro, estando representada nos acervos dos principais museos, fundacins e coleccins públicas e privadas do pas. Concibiu proxectos de escenografa teatral, realizou ilustracins e traballos colaborativos con escritores e é autora de numerosas intervencins en espazos públicos. Entre outros méritos, recibiu a Medalla de Mérito Cultural do Goberno portugués (2019), foi homenaxeada na Sorbonne Nouvelle, en Pars, cunha xornada de estudos sobre a súa obra (2021) e, recentemente, foi distinguida co Doutoramento Honoris Causa atribudo pola Universidade de Trs-os-Montes e Alto Douro (2022).

Coincidindo coa celebracin da VII Conferencia Internacional José Saramago, o vindeiro xoves 27 s 18.30 horas ter lugar a visita a mostra da pintora.