DUVI

Diario da 鶹

A XXXIII edicin de ‘Voil la femme’ reúne en Marn as obras de 17 creadoras

Alumnas de Belas Artes protagonizan a “exposicin de mulleres artistas con maior traxectoria de Europa’

A mostra ten este ano como sedes o Museo Manuel Torres e o Ateneo Santa Cecilia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 11/03/2026

Nacida no ano 1992 no Ateneo Santa Cecilia de Marn, co obxectivo de conmemorar o Da Internacional da Muller, a exposicin Voilà la Femme alcanza nestas semanas a súa 33 edicin, coas alumnas da Facultade de Belas Artes como principais protagonistas. Presentada pola súa comisaria, Celeste Garrido, como a “exposicin de mulleres artistas con maior traxectoria de Europa”, reúne nesta edicin as creacins de 17 artistas, a meirande parte estudantes deste centro do campus de Pontevedra. Faino ademais coa novidade de contar desta volta con dúas sedes, o propio Ateneo e o Museo Municipal Manuel Torres, nas que poder visitarse ata o 27 de marzo. 

Inaugurada a pasada semana, trtase dunha mostra que “d visibilidade s mulleres artistas, xeralmente recentemente graduadas e vinculadas dalgunha maneira con Galicia”, sinala Garrido, artista e colaboradora do grupo de investigacin ES2 da Facultade de Belas Artes. Foi precisamente a súa coordinadora, a catedrtica Yolanda Herranz, que deu nome a unha exposicin impulsada por Antn Castro e Antn Sobral co propsito de pr de relevo que “tanto na arte como en calquera outra disciplina, non se pode exclur a metade da poboacin”, como lembra a súa comisaria. Garrido asuma en 1998 o comisariado desta mostra colectiva, avogando por unha “aposta firme pola arte emerxente”. Coordinada neste 2026 por Abril Iglesias e promovida coa colaboracin do Concello de Marn, trtase dunha exposicin que busca afondar en “aspectos directamente vinculados cos intereses das artistas mulleres, como son as cuestins de igualdade e xénero”.

Visibilidade s novas artistas

Cuestins como o xénero, a sexualidade, o corpo ou os coidados fanse presentes nunha mostra na que as obras son seleccionadas nunha convocatoria pública que concorren con frecuencia un bo número de estudantes de Belas Artes. Isto, sublia Garrido, converte Voilà la Femme “nun evento a través do que se consegue dar visibilidade a un gran número de artistas novas”. As, entre as protagonistas desta edicin atpanse estudantes do Mster en Creacin Artstica Contempornea como Jimena Arenas, cuxa lia de investigacin estrutúrase nunha “sensibilidade posnaturalista”; Mara Paulina Petz, quen busca “definir o mundo ao seu redor a través do filtro da abstraccin”, ou Menca Gonzlez, quen inspira a súa obra na arte relixiosa e na fantasa. Tamén alumna deste mestrado, Sara Gonzlez conecta nas súas obras familia, memoria e agricultura, mentres que Martina Migliarini busca plasmar “a súa propia psique” nunha obra de “carcter simbolista”, sinalan as responsables da exposicin. Rolina Ferru, pola súa banda, achega unha peza resultado da súa investigacin sobre o “camio do inconsciente”, mentres que estudante de doutoramento Alejandra Pardo presenta unhas fotografas nocturnas coas que trata de “captar esa vulnerabilidade que se sente na escuridade ao ser percibida como muller na rúa”.

Estudante do Grao en Belas Artes, Laura Paz suma a esta exposicin unha serie “que percorre o corpo como se fose un arquivo”, mentres que a tamén alumna desta titulacin Carlota Montes achega o seu traballo no eido do retrato e Maria Rey explora a través da ilustracin “o poder narrativo das imaxes”. Alba Pino Gregores e Taro propoen unha accin centrada na idea da colaboracin, mentres que Aldara Rodrguez emprega o fogar como base para unha reflexin “sobre o ntimo e os afectos”. Ás súas propostas súmanse as obras de artistas tamén formadas en Belas Artes como Susana Beatriz de Castro, quen aborda o fogar “como un lugar ambivalente de crecemento e recollemento”, e complétase coas proposta de Yanina Sgro e Xoana Penas, as como coa abordaxe sobre a identidade, o xénero e a sexualidade de Ise Rodrguez.