DUVI

Diario da 鶹

No marco dun proxecto europeo no que participa un equipo da Facultade de Ciencias

Alumnado e profesorado universitario de San Tomé e Prncipe frmase no campus en tecnoloxa alimentaria

TecBioFood aposta pola transferencia de coecemento para contribur ao desenvolvemento dese pas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Ourense 30/01/2025

Desde principios de 2024, un equipo da Facultade de Ciencias do campus de Ourense participa no proxecto europeo TecBioFood. O seu obxectivo é contribur, a través da cooperacin internacional e a transferencia de coecemento e tecnoloxa, ao desenvolvemento sostible de San Tomé e Prncipe. Concretamente, céntrase na creacin nese pas africano dun laboratorio de tecnoloxa alimentaria e na capacitacin no eido dos alimentos de alumnado e profesorado universitario desa república democrtica. Atendendo a este último obxectivo, un grupo de estudantes e docentes de San Tomé e Prncipe estivo as dúas últimas semanas formndose no campus de Ourense.

O proxecto Expertise and technology for São Tomé e Prncipe: bioresources for food (TecBioFood) ten unha duracin de tres anos e o seu orzamento total é de 447.528 euros, financiado a través da convocatoria da Unin Europea Capacity building in the field of higher education, da European Education and Culture Executive Agency. O consorcio participante est formado pola 鶹; pola Universidade de Porto (Portugal), coordinadora do proxecto, e pola Universidade de San Tomé e Prncipe e o Instituto Universitario de Contabilidade, Administraçao e Informtica dese mesmo pas.

Por parte da 鶹 participa persoal docente e investigador da Facultade de Ciencias procedente de diferentes reas de coecemento. As, est representada a Área de Tecnoloxa dos Alimentos, coa profesora Sidonia Martnez; a de Enxeera Qumica, co catedrtico Gil Garrote, e a de Nutricin e Bromatoloxa, coa profesora Raquel Rial e a catedrtica Elena Martnez, coordinadora esta última da participacin galega. Esta facultade ourens, lembran, destaca no mbito de traballo do proxecto xa que os grupos de investigacin e o Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin que alberga sitúan 鶹 en rnkings internacionais entre as mellores do mundo en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos e Ciencias da Terra e Ciencias Agrcolas.

Dúas semanas de actividade

A 鶹 e a de Porto son as institucins responsables de transferir coecementos/competencias Universidade de San Tomé e Prncipe, tanto nas facultades onde se imparten titulacins relacionadas cos alimentos como no seu Instituto Universitario de Contabilidade, Administraçao e Informtica. Concretamente, o equipo da Facultade de Ciencias ourens participa no proxecto principalmente na formacin do alumnado africano nos mdulos de tecnoloxa alimentaria e procesado dos alimentos, as como no deseo do citado laboratorio, no estudo dos alimentos seleccionados e no desenvolvemento dos novos produtos que se elaborarn a partir deles (como marmeladas, aperitivos e zumes).

Durante o primeiro ano de proxecto, 2024, as universidades europeas (Porto e Vigo), comenta o equipo do campus de Ourense, “transferiron coecemento/competencias Universidade de San Tomé e Prncipe e ao Instituto Universitario de Contabilidade, Administraçao e Informtica mediante a mellora dos plans de estudo dos cursos de primeiro e segundo ciclo e un plan de formacin integral”. Isto, sinalan, deu lugar Academia TecBioFood, onde se impartiron cursos on line durante o mes de setembro sobre composicin e procesado de alimentos e mrketing. “Estes coecementos adquiridos son os necesarios para a realizacin da parte prctica do proxecto”, afirman. Ademais, este mes de xaneiro, un grupo de estudantes e profesorado de San Tomé e Prncipe estiveron na Universidade de Porto dúas semanas e outras dúas no campus de Ourense, onde en ambos casos aprenderon a traballar cos alimentos e a procesalos e visitaron empresas agroalimentarias para ver o seu modelo de negocio, centrndose na transformacin de froitas e hortalizas.

No caso do campus de Ourense a formacin tivo lugar esta semana e a anterior no edifico Campus Auga, na planta piloto en agroalimentacin e na Facultade de Ciencias, a cargo de profesorado participante no proxecto. Ao longo da súa estada, o grupo de San Tomé e Prncipe foi recibido por Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Eva Garea, directora da Área de Proxectos Internacionais de Educacin da 鶹, e tivo a oportunidade de falar sobre o seu proxecto con Manuel Reigosa, reitor da 鶹, e Romn Rodrguez, conselleiro de Educacin, Ciencia, Universidades e Formacin Profesional da Xunta de Galicia, entre outras autoridades, cando estes visitaron o Campus Auga a pasada semana. A formacin rematou este mércores cun encontro dos socios do proxecto no campus de Ourense.  

Unha vez feita esta capacitacin de recursos humanos, nunha segunda etapa do proxecto, os socios porn en marcha un Laboratorio de Tecnoloxa Alimentaria no pas africano, “para axudar a San Tomé e Prncipe a valorizar a súa gran biodiversidade de froitas e verduras, pouco explorada en termos de tecnoloxa alimentaria”. Nela poderase impartir clases prcticas de transformacin de alimentos autctonos e o profesorado e alumnado formado este mes en Porto e Ourense poder aplicar os coecementos adquiridos.