Feitos no marco do proxecto Conecta
Alumnado da ESO expn os seus traballo de cultura clsica na Facultade de Historia
Na iniciativa participou case unha vintena de rapazas e rapaces
Case unha vintena de estudantes de terceiro curso de Educacin Secundaria Obrigatoria do Colexio Santo Ángel (Calasancias) de Ourense expuxeron este luns na Facultade de Historia do campus traballos sobre o mundo clsico que realizaron no marco do proxecto Conecta. Trtase dunha actividade posta en marcha o pasado curso académico polo Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT) e a Facultade de Historia.
Na iniciativa participaron rapazas e rapaces que cursan a materia de Cultura Clsica, impartida pola historiadora e egresada da Facultade de Historia do campus de Ourense Marta Lpez. A primeira actividade consistiu na visita de Susana Reboreda, profesora da Área de Historia Antiga da 鶹, ao centro educativo, onde lles falou sobre o mundo clsico en consonancia co curriculum da materia. A partir de a, o alumnado, dividido en grupos, elaborou traballos, en formato infografa, sobre unha listaxe de temas propostos que abrangueron desde a muller na mitoloxa clsica, en Grecia e en Roma ata a infancia nesas dúas culturas.
Os resultados dos traballos foron expostos por cada grupo de escolares na Facultade de Historia, amosando a organizacin da actividade a súa satisfaccin polos bos resultados acadados e felicitando por eles a rapazas e rapaces. Na súa visita ao campus as e os escolares foron recibidos por Julio Prada, decano da Facultade de Historia, e coeceron tamén o Laboratorio de Arqueoloxa e a Biblioteca Rosala de Castro.
