DUVI

Diario da 鶹

Nun acto celebrado no campus co gallo das Letras Galegas

Alumnado de Educacin e Traballo Social únese homenaxe a Xela Arias

Realizaron audiovisuais inspirados na súa obra poética

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
DUVI Ourense 21/05/2021

A programacin co gallo do Da das Letras Galegas no campus de Ourense pechouse este venres cunha homenaxe na que alumnado da Facultade de Educacin e Traballo Social tivo un protagonismo especial. No acto, entre outras accins, proxectouse unha seleccin de audiovisuais realizados por estudantes partindo da obra poética de Xela Arias. Con eles quxose remarcar tamén a vinculacin da escritora lucense coa docencia e o compromiso social.

A organizacin do acto, que levou por ttulo Da das Letras Galegas. O Da das Letras con voz de muller, correspondeu Facultade de Educacin e Traballo Social baixo a coordinacin do profesorado Ana Iglesias, Isabel Mocio, Fernando Dacosta e Mercedes Gonzlez e coa colaboracin da Facultade de Filoloxa e Traducin, a Área de Normalizacin Lingüstica e o Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹. Na benvida, Xosé Manuel Cid, decano da facultade organizadora, subliou que “resulta emocionante” ver a boa acollida das homenaxes realizadas a Xela Arias non s por parte das institucins senn tamén por parte do alumnado, unha resposta que, indicou, amosa o seu compromiso coa profesin e coa cultura e lingua galegas. Igualmente, Ana Iglesias dxolle ao alumnado presente que a súa boa resposta é sntoma da súa implicacin “con ns, coa cultura e coa lingua galega”. Na súa intervencin, a profesora achegouse figura da escritora homenaxeada, da que foi amiga e compaeira de facultade, destacando como foi unha “poeta que se declara inconforme co mundo” e unha “persoa que loitou pola normalizacin da nosa lingua para que hoxe, entre outras cousas, nos pareza normal ler clsicos universais en galego”. Esta figura rica e poliédrica de Xela Arias tamén foi remarcada no acto por Xosé Soto, vicedecano da Facultade de Filoloxa e Traducin, e por Xandre Rodrguez, director do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹.

Tamén presente no acto, o fillo da escritora, Daro Gil Arias, trasladou o seu agradecemento ao alumnado por sumarse homenaxe a súa nai, salientando como no acto celebrado estiveron representadas “case que todas as múltiples facetas que ao longo deste ano se foron recordando da mia nai”, desde a literaria e tradutora ata a docente e a social. “Como estudantes que sodes de Educacin e Traballo Social tendes a oportunidade non s de atopar na figura de mia nai un consumo literario senn tamén unha pequena inspiracin para levar a cabo o voso traballo cando sexades docentes e traballadores sociais”, dxolle s e aos asistentes. Neste senso, comentou que “un dos maiores orgullos deste ano” foi ver non s a resposta das institucins senn tamén a dos diferentes niveis educativos e ter a oportunidade de levar a figura de súa nai “mis al da literatura, que era algo que ela sempre buscaba”.

Vdeos, conferencia e música

Durante o acto proxectronse diversas pezas audiovisuais realizadas por alumnado da Facultade de Educacin e Traballo Social inspiradas na obra poética de Xela Arias, como Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos, Գٱ𳾱édz e Daro a diario. Non se tratou, explicou Fernando Dacosta, dunha plasmacin literal e literaria da súa obra en formato audiovisual senn que o alumnado partiu da obra da escritora e traballou o que lle suxeriu en cada caso, suscitando a reflexin sobre a “plurisignificacion do acto literario e o artstico”.

A xornalista Mara Yez foi a encargada no acto celebrado este venres no campus de Ourense de ofrecer unha conferencia titulada Tras os pasos de Xela Arias. Nela, explicou ao alumnado presente “os pasos que dei buscando a Xela Arias para facer a serie documental Xela Arias. A palabra esgazada, encargada pola Real Academia Galega neste ano produtora Miramemira”. A serie documental, composta por seis episodios, permitiulle xornalista coecer escritora homenaxea  a través de moitos testemuos e entrevistas. Froito dese achegamento, Mara Yaez destaca de Xela Arias, tanto no que respecta súa vida como súa obra, “esa independencia e esa busca de ir ao seu aire, de ter unha personalidade propia e un camio propio”. No caso desta escritora, indicou, “é moi difcil separar a obra da persoa, porque xa desde moi pequena amosou como ten unha gran personalidade, independencia , inconformismo e rebelda que creo que est presente ao longo da súa, por desgraza, curta vida pero tamén na súa posicin e actitude ao escribir”.

Por último, o músico e profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social Xosé Constenla tocou para as e os asistentes tres pezas do seu último traballo, un disco-libro titulado O globo vermello, feito, tal e como explicou, durante “os longos das de confinamento”. Cada unha das tres pezas interpretadas foi introducida cun poema de Xela Arias relacionado coa temtica da cancin.