Coincidindo coa xornada de folga convocada polo Sindicato de Estudantes en secundaria
O alumnado de Ciencias Xurdicas e do Traballo une as súas voces contra o acoso escolar e en memoria de Sandra Pea
Realizaron un paro académico, unha concentracin e a lectura dun manifesto
Este martes o Sindicato de Estudantes chamou folga ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP contra o acoso e os discursos de odio e para esixir maior inversin na educacin pública para a atencin da saúde mental do alumnado. En solidariedade cos seus compaeiros e compaeiras do ensino secundario, a Delegacin de Alumnos/as da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo organizou unha xornada contra o acoso escolar e en lembranza de Sandra Pea, a rapaza sevillana vtima de bullying que se quitou a vida hai dúas semanas.
Os actos comezaron s 11.15 horas cun paro académico de 15 minutos, unha concentracin e a lectura dun manifesto, tras o cal se abriu unha quenda de intervencins para que a comunidade universitaria puidese tomar a palabra. Ao rematar gardouse un minuto de silencio e procedeuse a colocar unha pancarta en memoria de Sandra Pea na que o alumnado pode expresar o seu rexeitamento ao bullying e s súas trxicas consecuencias, e que lle ser enviada familia da moza andaluza.
“Non hai Dereito sen respecto”
A encargada de ler o manifesto foi a presidenta da Delegacin, Sandra Martnez, que explicaba que a concentracin deste martes non se convocou s “para recordar a Sandra Pea, senn para expresar, coa forza de toda unha comunidade universitaria, a nosa firme condena ao acoso escolar e o noso compromiso coa dignidade de cada persoa”. A través deste texto, as e os estudantes de Ciencias Xurdicas e do Traballo quixeron deixar claro que “o acoso escolar no é ‘cousas de nenos’, o acoso destrúe. Comeza con burlas, con rumores, coa exclusin, e termina deixando pegadas que poden ser irreparables”. Por iso quixeron ser “claros e contundentes” e esixiron que os centros educativos apliquen os protocolos de prevencin e proteccin sen demora nin escusas. “Reclamamos formacin, empata e compromiso real coa saúde mental e o benestar de todos os estudantes”. Ademais, engada o manifesto, “como futuros xuristas sabemos que a xustiza non se limita aos tribunais. A xustiza comeza na aula, nos espazos compartidos, na forma na que tratamos aos demais”. E remataron o comunicado recordando que “non hai Dereito sen respecto, nin xustiza sen compaixn, nin futuro sen memoria”.
