DUVI

Diario da 鶹

Nunha sesin con Adriana Domnguez, presidenta executiva de Adolfo Domnguez

Alumnado de Ciencias Empresariais e Turismo achégase a como diferenciar unha marca nos cinco continentes

A actividade estivo coorganizada co Colexio de Economistas de Ourense

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Charlas e seminarios
  • é
DUVI Ourense 02/12/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense organizou este martes un 'brunch' profesional no que a protagonista foi Adriana Domnguez, presidenta executiva de Adolfo Domnguez desde hai sete anos. Ela faloulle ao alumnado asistente sobre Como diferenciar unha marca nos cinco continentes en base súa experiencia nesta empresa ourens de moda, que segundo se indicou no acto, ten actualmente presencia en 51 pases, vivindo un momento de expansin con mis da metade das súa tendas no estranxeiro. 

A iniciativa estivo coorganizada co Colexio de Economistas de Ourense, no marco do convenio de colaboracin que ten coa facultade ourens, e foi, tal e como indicaron desde a súa organizacin, "unha oportunidade única para aprender sobre estratexia e posicionamento internacional dunha marca de referencia". Participaron 25 estudantes, esgotndose as prazas dispoibles ao pouco de abrirse o prazo de inscricin. 

A actividade foi presentada por Jesús Vzquez, decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, e Juan Santamara, secretario do Colexio de Economistas de Ourense. Segundo explicou o decano, o centro est a organizar estes 'brunch' profesionais, dous por cuadrimestre, co obxectivo de que  o alumnado dos últimos cursos dos seus graos (Turismo e Administracin e Direccin de Empresas) e dobres graos “tea a posibilidade de interactuar con persoas de recoecido prestixio no mbito da xestin”. A iniciativa d continuidade lia de traballo que est desenvolvendo o centro de achegamento do seu alumnado ao tecido empresarial a través de formatos participativos. Neste senso, a convidada amosou a súa satisfaccin por participar neste encontro sublindolle ao estudantado presente como "achegarse s empresas vaivos dar unha idea moitsimos mis real do que se pode facer".