DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas virtuais organizadas pola Delegacin de Estudantes

O alumnado de Ciencias da Educacin e do Deporte achégase ao seu futuro profesional

Oito conferencias e talleres abordan as sadas laborais das diferentes titulacins da facultade

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacins de Estudantes
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • é
DUVI Pontevedra 22/03/2021

As sadas laborais dos tres graos que se imparten na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte son o eixo central das xornadas formativas que este luns e martes promove de xeito virtual a Delegacin de Estudantes do centro. A oitava edicin desta actividade, que conta coa colaboracin da facultade e do Consello Social da 鶹, retransmtese en directo a través da e reúne no seu programa oito conferencias, coloquios e talleres que afondan en diferentes aspectos relativos ao futuro profesional dos graduados e graduadas en Educacin Infantil, Educacin Primaria e Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte.

O obxectivo desta actividade é achegar ao alumnado unha “formacin complementaria e transversal”, que a través de actividades como os talleres sobre xestin das emocins ou educacin afectivo-sexual permita súa vez afondar noutra serie de cuestins “ligadas profesin e respecto das que existe unha demanda de formacin”, como salienta o integrante da delegacin David Álvarez. “Vivimos nun momento de constante cambio, no que é imprescindible profundar na empregabilidade dos nosos egresados e egresadas”, salientou o decano, Vicente Romo, na apertura destas xornadas virtuais, que achegan ao alumnado “as experiencias de diferentes profesionais e debates sobre o estado da profesin, tanto no mbito da educacin como do deporte”, como engadiu o vicedecano José Mara Pazos. Neste acto, Álvarez Caneda puxo en valor a “confianza” depositada pola facultade na delegacin, responsable de definir os contidos dunhas xornadas quedecidiron levar a cabo de xeito virtual despois de que a covid-19 impedise desenvolvelas o pasado ano. “Non sabamos cal a ser a participacin e a verdade é que estamos bastante satisfeitos”, salienta este membro da delegacin despois de que os coloquios que deste luns fosen seguidos en directo “por unha media de entre 50 e 60 persoas”. Do mesmo xeito, os diferentes relatorios estn a ser gravados para que o alumnado poida acceder a eles con posterioridade súa emisin en directo, que en varios dos casos lévase a cabo desde a propia facultade.

A regulacin das profesins do deporte

As xornadas arrancaron cun relatorio do estudante de posgrao e graduado en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte Matas Zelarayn, que é tamén un dos membros da delegacin responsables deste programa de actividades e que buscouachegar unha serie de claves para a realizacin do traballo de fin de grao e as prcticas académicas “desde o punto de vista do estudantado”. A continuacin, o ex-presidente da Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividad Fsica y del Deporte (Anecafyde) Ángel Torés abordou as diferentes sadas laborais desta titulacin para logo compartir co presidente do Consejo General de la Educacin Fsica y Deportiva de Espaa (Consejo Colef), Vicente Gambau, unha mesa de debate centrada no anteproxecto de regulacin das profesins vinculadas ao deporte e no futuro laboral dos titulados e tituladas.

De forma paralela, desenvolveuse un coloquio sobre educacin emocional, a cargo de Antonio Rodrguez, profesor da Universidad de La Laguna, que foi, como sinala Álvarez Caneda, “a primeira de Espaa” en incorporar unha materia centrada nestes aspectos formacin dos futuros mestres e mestras.

Da educacin afectivo-sexual preparacin de oposicins

Ma martes, as xornadas continúan cun coloquio sobre repositorios bibliogrficos e buscas en bases de datos a cargo do profesor da facultade Ezequiel Rey, tralo ter lugar un taller sobre a metodoloxa de aprendizaxe-servizo do docente da Universidade de Santiago de Compostela Alexandre Sotelino. Tamén nesta segunda xornada, a psicloga e sexloga Laura Marcilla impartir un coloquio-taller sobre educacin afectivo-sexual, unha cuestin, ao igual que a educacin emocional, “que est nestes momentos en auxe, non na formacin do profesorado, pero si no mbito do traballo nas escolas”, salienta Álvarez. Por último, este ciclo de actividades pecharase pola tarde cun relatorio sobre a preparacin de oposicins ao corpo de mestres e o acceso funcin docente a cargo do formadorRubén Annicchiarico.