DUVI

Diario da 鶹

Nunha campaa para a asociacin En Negro Contra as Violencias

O alumnado de CCSS e da Comunicacin suma a súa creatividade a loita contra a violencia machista

Foi realizada pola axencia júnior de publicidade Freshysweet

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacins de Estudantes
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 20/11/2020

Nun momento no que a crise sanitaria dificulta levar a cabo múltiples iniciativas, as redes sociais poden constitur unha valiosa plataforma para a denuncia da violencia machista. Con ese punto de partida e coincidindo coa conmemoracin, o vindeiro mércores, do Da internacional contra a violencia de xénero, a axencia de publicidade júnior Freshysweet, integrada por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin, desenvolveu unha campaa, conformada por unha serie de vdeos e imaxes grficas, para a asociacin . “Decidimos plasmar a campaa en redes, xa que hoxe en da case todo o mundo est conectado e é a va que vimos mis efectiva”, salienta Eva Varela, responsable de comunicacin de Freshysweet.A iniciativa arrincou este mércores 18 coa difusin dun primeiro vdeo nas redes sociais e completaraseo propio 25N, coa difusin do “vdeo final, mis amplo que as cpsulas previas”.

Despois de que o ano pasado esta júnior empresa entrase en contacto con esta asociacin, da que forman parte diferentes concellos, empresas e colectivos, neste 2020, explican, “contactaron con ns para facer a campaa de forma colaborativa”, o que este grupo de alumnos ve como unha oportunidade de “axudar e ser conscientes da realidade que nos rodea”, as como de·desenvolver a nosa creatividade e ideas a través dun pensamento crtico respecto dun problema social”.

“Dicir as cousas sen dicilas”

Esta iniciativa botou a andar o pasado mércores 18 coa publicacin, nas redes sociais de e de , dun primeiro vdeo, que presenta a metade da cara dunha muller coa boca cuberta cunha vendaxe, “impedndolle falar”, a primeira entrega dunha serie de publicacins que como sinala Varela, buscan pr de relevo que a violencia que se exerce contra as mulleres non é unicamente fsica. “Decidimos darlle peso violencia psicolxica, que apenas se ve, da que se fala menos e que, por desgraza, é a que mis existe a da de hoxe, sobre todo na xente nova”, salientan desde Freshysweet, que optaron por darlle prioridade aoson nunha campaa que, sinala Varela, busca “dicir as cousas sen dicilas”. De feito, non haber voces en ningunha das pezas que se difundan ao longo destes das, definidas polo uso de sons e música e ´polos“movementos bruscos” de cmara.

“Queremos que as nenas que sofren violencia deste tipo, saiban recoecela e poidan buscar axuda na súa contorna”, engaden desde Freshysweet dunha campaa que, a través desa ausencia de voces, busca que “cada quen poida recapacitar sobre as súas accins e sobre a sociedade na que quere vivir”.