DUVI

Diario da 鶹

Celebrouse este xoves na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo

Alumnado e axentes sociais participan nunha xornada sobre a violencia e o acoso nas relacins laborais

Promovida polo Consello Galego de RRLL para presentar o Protocolo contra o acoso sexual e laboral

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • é
M. Del Ro DUVI 10/11/2022

A Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo acolleu este xoves unha xornada organizada polo Consello Galego de Relacin Laborais para analizar dende diferentes perspectivas a violencia e o acoso nas relacins laborais. Nela, estudantes, representantes de organizacins empresariais e sindicais e profesionais do dereito e da inspeccin de traballo debateron “de forma ampla o tema da violencia e acoso na contorna laboral, tanto dende unha perspectiva doutrinal como xurisprudencial e preventiva”, como explica a profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Rosa Rodrguez Martn-Retortillo, unha das organizadoras e poentes deste evento. As mesmo, engade “a sempre necesaria intervencin dos axentes sociais dota xornada dun valor engadido”.

A xornada serviu tamén para presentar o novo , “froito do esforzo das organizacins integrantes da Comisin consultiva autonmica para a igualdade entre mulleres e homes na negociacin colectiva”, como apuntaba no acto de apertura a presidenta do Consello Galego de Relacins Laborais, Anta Sndez. A finalidade deste novo texto é “ofrecer unha ferramenta útil co valor engadido de que conta co imprescindible consenso nunha materia que require tantos coecementos de carcter técnico como tamén gran sensibilidade na súa aplicacin posterior”. Para visibilizar o texto, o consello est a organizar unha serie de actividades por todas as provincias galegas, entre as que se enmarca a xornada deste xoves no campus de Vigo.

Un protocolo nacido do consenso

No acto de apertura da xornada participou o decano de Ciencias Xurdicas e do Traballo, Francisco Torres, que agradeceu Área de Dereito Laboral da facultade, “pioneira en investigacin a nivel nacional”, e ao Consello Galego de RRLL a organizacin deste evento. Anta Sndez, pola súa banda, fixo fincapé en que “nos espazos laborais resulta especialmente necesaria a adopcin de medidas dirixidas a garantir a igualdade de trato e non discriminacin, a liberdade sexual e a integridade fsica e moral, tal e como poen de manifesto as últimas novidades normativas (Lei Orgnica 10/2022, de garanta integral da liberdade sexual, e Lei 15/2022, integral para a igualdade de trato e non discriminacin), as como o Convenio 190 da Organizacin Internacional do Traballo sobre a eliminacin da violencia e o acoso no mundo do traballo, recentemente ratificado por Espaa”. É neste contexto no que o Consello Galego de Relacins Laborais presenta este protocolo, que segundo Sndez “ten como valor diferencial o seu carcter consensuado”, froito do traballo de todos os membros da Comisin consultiva, que chegaron a un acordo “para propoer un texto que conta co beneplcito de todas as partes da relacin laboral”. Salientou que se trata “dunha ferramenta absolutamente necesaria, anda que non suficiente para acadar os obxectivos nesta materia, xa que vivimos unha constante evolucin”. A este respecto remarcou a importancia da formacin e a utilidade de actividades coma esta, xa que “s con profesionais altamente cualificados poderemos facer fronte aos desafos que vaian xurdindo”.

A presentacin do protocolo correu a cargo dos axentes sociais, con intervencins de representantes da CIG, CCOO de Galicia e UGT-Galicia as como da Confederacin de Empresarios de Galicia. O documento ten como finalidade facilitar a empresarios e traballadores unha ferramenta para previr o acoso na empresa, en calquera das súas modalidades, e establecer un procedemento común de actuacin ante esas situacins. As, mrcanse obxectivos como formar, informar, sensibilizar e concienciar as persoas traballadoras; definir medidas preventivas; establecer procedementos claros e precisos para tratar estas situacins de forma efectiva e integral unha vez que se produzan ou garantir a aplicacin das medidas que en cada caso procedan para a proteccin das vtimas.

Ademais da presentacin do documento, a xornada contou coas intervencins da profesora Rosa Rodrguez, que abordou os retos sobre o acoso sexual, laboral, por razn de sexo e identidade nos centros de traballo e de Raquel Naveiro, maxistrada da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se centrou nas novidades xudiciais nesta materia.

A encargada de pechar a xornada foi Paula Rodrguez Lorenzo, inspectora de traballo e da seguridade social e xefa da Unidade Especializada en Seguridade e Saúde Laboral da provincia de Pontevedra, que explicou o papel da inspeccin de traballo en materia de acoso sexual, laboral, por razn de sexo e identidade.