A cita celebrouse na cidade francesa de Nancy
A alumna Sofa Martnez acada podio en tres categoras do Campionato Europeo Universitario de Powerlifting
Tamén participou David Pereira, que conseguiu mellorar as súas marcas persoais
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting. Nel, Sofa Martnez, egresada da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo do campus de Ourense e actualmente alumna do Mestrado en Enxeara Aeronutica, acadou podio en tres categoras. Pola súa banda, David Pereira, alumno de cuarto curso do Grao en Organizacin Industrial, da Escola de Enxeara Industrial do campus de Vigo, non entrou entre os tres primeiros pero si mellorar as súas marcas persoais.
Satisfaccin polos resultados acadados
Concretamente, Sofa Martnez acadou unha segunda posicin en sentadia (con 135 kg) e en peso morto (con 162,5 kg) e un terceiro posto na categora -57, cun total de 360 kg. “Empecei a adestrar powerlifting fai pouco menos dun ano e este foi o meu segundo campionato internacional universitario. A pesar de que os nervios xogronme unha mala pasada, estou moi satisfeita cos resultados obtidos”, comenta a estudante da 鶹. A participacin en Francia, sinala, foi “unha experiencia marabillosa a nivel deportivo e persoal”, destacando entre as experiencias vividas “loitar pola segunda posicin do total no terceiro intento de peso morto, con 177,5 kg en barra, que anda que non sase, foi sen dúbida o mis divertido da competicin”.
Sobre a compatibilizacin da vida académica e deportiva, Sofa Martnez sublia que “o deporte e os estudos teen algo en común: a disciplina. Anda que s veces haxa épocas mis duras, ao final todo radica na organizacin e nas gaas”. Coa súa participacin neste tipo de competicins, a estudante amosa o seu desexo tamén de poder contribur a visibilizar a muller neste tipo de deportes e axudar “a tombar un pouco os estereotipos de xénero, sobre todo no deporte feminino de forza, no que anda queda moito por percorrer e temos que lidar con moitos sexismos respecto ao aspecto fsico ou incluso calidade deportiva”.
Tamén participou neste Campionato Europeo Universitario de Powerlifting 2024 o alumno da 鶹 David Pereira, que levantou en sentadia 205 kg, en press banca 127,5 kg e en peso morto 260 kg (categora -93). “A pesar de que non foi a mia mellor competicin, mellorei as mias marcas e foi unha experiencia incrible. Este é o terceiro ano que compito neste deporte e o primeiro a nivel internacional”, comenta. Ao igual que Sofa Martnez, el combina a vida académica e deportiva, salientando que “ hora de compatibilizar deporte e estudos, se te organizas ben dche tempo para facer todo, pero tes que aproveitar o tempo para dedicarllo a estas dúas cousas e cumprir os teus obxectivos”, afirma, salientando que no seu caso “sempre me motivou superarme no ximnasio e ir subindo pesos nos exercicios”.
