DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada organizada pola Facultade de CCXX do Traballo e Consello Galego de Relacins Laborais

Académicos, xuristas e axentes sociais analizan o impacto da Lei integral para a igualdade de trato e a non discriminacin

Abordando o seu impacto, por exemplo, nos despedimentos por enfermidade ou na negociacin colectiva

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Igualdade
  • é
M. Del Ro DUVI 22/09/2023

A Lei integral 15/2022 para a igualdade de trato e a non discriminacin, que entrou en vigor hai pouco mis dun ano, ten como obxectivo garantir e promover o dereito igualdade de trato e non discriminacin e respectar a igual dignidade das persoas en desenvolvemento dos artigos 9.2, 10 e 14 da Constitucin Espaola. Polo tanto, esta lei busca tanto previr como eliminar calquera forma de discriminacin en calquera eido, dende o cultural ou educativo ao sanitario, relixioso, sexual ou laboral. Precisamente para analizar o impacto deste texto lexislativo no eido do traballo e das relacins laborais, o campus de Vigo acolleu este venres unha xornada que contou coa participacin de académicos, xuristas e axentes sociais.

Organizado pola Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo e o Consello Galego de Relacins Laborais, o simposio celebrouse nun saln de grao ateigado de estudantes, que puideron coecer os diversos aspectos de aplicacin da Lei 15/2022 dende diferentes enfoques. Os encargados de abrir a xornada foron Cristina Fabeiro, secretaria do Consello Galego de Relacins Laborais, e Jaime Cabeza, catedrtico de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da 鶹 e coorganizador da xornada xunto coa profesora Rosa Mª Rodrguez. Segundo explicaron os organizadores, a Lei 15/2022 “supuxo un avance significativo no dereito antidiscriminatorio no conxunto do noso ordenamento xurdico, que busca traballar na consecucin dunha igualdade real e carente de nesgos discriminatorios”. A norma, de carcter transversal, “identifica novas causas de discriminacin e achega unha perspectiva integral e renovada dunha materia tan necesitada de actualizacin e debate”. Ademais, Cabeza fixo fincapé na importancia deste tipo de xornadas formativas, organizadas dende hai anos pola facultade e o CGRL, sobre temticas diversas que permiten ao alumnado e a todas as persoas asistentes afondar en diferentes aspectos e lexislacins laborais.

As intervencins da xornada abordaron os aspectos mis importantes da lei e as, Carmen Viqueira, catedrtica da Universidade de Alacante, foi a encargada de abrir a sesin analizando o contexto desta lei no marco das relacins laborais. O propio Cabeza abordou o que segundo el é o “tema que mis discusin est producindo desta lei”, que é a discriminacin por enfermidade e “como se debe cualificar o despedimento non procedente da persoa que est enferma”. Tras un descanso, a catedrtica da Universidade de Oviedo Carolina Martnez centrou a súa intervencin na igualdade e a non discriminacin na negociacin colectiva, mentres que o maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José Fernando Lousada centrouse na tutela administrativa e xudicial na Lei 15/2022. A xornada pechouse cunha mesa de debate cos axentes sociais, na que estiveron representados os sindicatos CIG, CCOO e UGT e a Confederacin de Empresarios de Galicia.