DUVI

Diario da 鶹

O campus acolleu unha actividade sobre o uso da literatura como ferramenta didctica

Academia de lectores, academia de valores

O alumnado realizou un percorrido divulgativo por diferentes enclaves da contorna

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • é
DUVI Ourense 25/11/2021

Academia de lectores, academia de valores é o ttulo elixido para unha actividade celebrada esta semana na Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense que tivo como obxectivo que “o alumnado percibise que os valores (entendidos como estima, aprecio, persoa ou obxecto que posúe calidade) debe ser o alicerce da educacin”. Participaron na actividade un grupo de 18 persoas, maioritariamente estudantes de terceiro curso do Grao de Educacin Primaria que estn a cursar materias en lingua galega.

A iniciativa estivo financiada no marco das axudas da Vicerreitora do Campus de Ourense para a organizacin de actividades extraacadémicas e de difusin cultural e organizada pola profesora Mar Fernndez, do Departamento de Didcticas Aplicadas. A accin, comenta a súa responsable, quixo facer conscientes s e aos futuros mestres que se forman na Facultade de Educacin e Traballo Social de como na prctica docente “os valores poden empregarse como un guieiro didctico”. Para acadalo, propúxose unha actividade que lle permitiu s e aos participantes coecer a contorna prxima do campus de Ourense usando como ferramenta docente oito obras de literatura infantil e xuvenil galega actuais “galardoadas e recoecidas por crtica e público”. Igualmente, a iniciativa permitiu a aplicacin prctica dun deseo de intervencin para educar en valores creado pola egresada do centro Luca Espaa, que non puidera testar na prctica por causa das restricins sanitarias derivadas da pandemia, e que materializou no seu traballo fin de grao.

Percorrido pola contorna

A actividade estruturouse en dúas partes. A primeira, desenvolvida na propia Facultade de Educacin e Traballo Social, consistiu nunha conferencia a cargo de Luca Espaa e Mar Fernndez sobre valores, literatura infantil e xuvenil e a contorna prxima luz dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. No transcurso da conferencia tamén se presentaron as tres obras (Pioneiras 2, de Anar Rodrguez; Somos os monstros, de Paula Carballeira, e Noé e Gato fan teatro, de Gloria Snchez), elixidas para que o alumnado realizase actividades didcticas durante o roteiro, usando material creado ex profeso por Luca Espaa a partir das tres obras.

Tras a conferencia, as persoas participantes trasladronse ao Paseo da Igualdade do propio campus para comezar un itinerario participativo por Ourense. As por exemplo, nesa primeira parada, que xirou ao redor da obra Pioneiras 2, leron de forma individual a biografa ficcionalizada que lles correspondeu, cubriron una ficha didctica de trazos definitorios da pioneira, probaron a xogar a quen é quen e coeceron formas lúdicas para avaliar as tarefas desenvolvidas polo alumnado. Rematada esta actividade, o alumnado continuou a andaina pola cidade ata chegar segunda parada do roteiro: o monumento aos heroes do cmic. Al, cada participante tirou dous dados (un con personaxes da peza teatral Somos os monstros e outro con pictogramas que reproducen situacins cotis asociadas aos valores da tolerancia, o respecto e a cooperacin) que lles servirn para crear a posteriori unha historia propia, ideada por eles mesmos e que incorporarn nos traballos de aula das materias que cursan.

As e os participantes proseguiron a súa andaina por Ourense ata o Liceo, onde practicaron de xeito individual a lectura do acto I da peza teatral Noé e Gato fan teatro e posteriormente realizaron unha lectura dramatizada das acotacins e dos parlamentos dos oito personaxes, persoas e animais personificados, que se expresan na versin de Gloria Snchez a partir dun conto popular portugués. As mesmo xogaron por parellas a contestar preguntas referidas aos personaxes e situacins plasmadas nese acto. No propio Liceo, a actividade rematou co convite da súa organizacin ao alumnado para que prosiga o roteiro e escolla con total liberdade a orde na que continuar a súa andaina ata chegar a completar as seis paradas que lles restan por facer do percorrido didctico deseado por Luca Espaa, paradas nas que podern realizar novas actividades a partir doutras tantas obras da literatura infantil e xuvenil galega e doutras literaturas.