Nunha mostra que pode verse no espazo da antiga cafetera da facultade
‘O Abrigo’ reúne as fotografas dunha vintena de estudantes de Belas Artes
A prxima semana, verase sucedida unha exposicin de cadernos de bocexos
Despois de que as convocatorias abertas para a adxudicacin deste servizo quedasen desertas, o espazo que ocupaba a cafetara da Facultade de Belas Artes converteuse neste curso na sede de O Abrigo, un proxecto expositivo coordinado polo colectivo Refugallo no que van sucedéndose unha serie de mostras colectivas de traballos do alumnado, articuladas en torno a un eixe temtico ou disciplina. Tras acoller nos últimos meses unha exposicin de gravados e outra de retratos, nestes das poden contemplarse neste espazo os traballos fotogrficos de 17 alumnos e alumnas, que dan como resultado unha mostra “con gran heteroxeneidade”, como destacan desde Refugallo.
De feito, alén da diversidade temtica, a exposicin permite observar tanto traballos de fotografa dixital como analxica, ao igual que intervencins sobre as imaxes a través do debuxo ou instalacins que teen na foto o seu punto de partida. Como explican desde Refugallo, esta mostra é o resultado dunha “convocatoria aberta”, na que o único que se define é a temtica, de tal xeito que reúne as obras de todo o estudantado que se presentou. De feito, trtase da mostra “na que tivemos a maior participacin ata o momento”, recoece este colectivo de alumnos e alumnas, impulsado por Blanca Castro, Candela Eirea, Daniel Calvar, Paloma Domnguez e Xoana Abraira coa idea de contribur dinamizacin da facultade.
Na exposicin que pode visitarse ata este venres reúnense as creacins fotogrficas de Mnica Lago, Arantza Portables, Santi Almeida, Mriam Núez, Alba Pino, Mnica Lago, Héctor Pousa, Carlota Lois, Laura Trabazo, Ana de Juana, Nico Pi, Sara Ricoy, Taro, Candela Domnguez, Carla Vizcaya, Carmen Sanmartn e Cora Novoa.
Cadernos e bocexos centrarn a seguinte mostra
De xeito paralelo, Refugallo impulsou nas últimas semanas a convocatoria da seguinte exposicin, que estar centrada no sketchbook, nos cadernos de bocexos cos que traballan as e os artistas. “Queremos ofrecer O Abrigo como un espazo no que alumnado poida mostrar as súas experimentacins”, salientan os coordinadores desta iniciativa. Deste xeito, trtase dunha exposicin aberta pesentacin de libretas, como a que o alumnado poida “intervir unha parte da parede pegando bocexos, inspiracins de todo o que se lle ocorra...”, as como a fotos, obras que lles servisen como inspiracin e outro tipo de materiais. A convocatoria para participar nesta iniciativa permanece aberta ata este xoves e est previsto que esta nova exposicin abra as súas portas o vindeiro martes 21 de marzo.
Trtase igualmente dunha “convocatoria aberta”, que dar como resultado unha exposicin que, dentro das limitacins de espazo, poida acoller todas as obras presentadas, como aconteceu tamén coas anteriores mostras. A estas iniciativas súmanse súa vez outra serie de actividades, como a organizacin de talleres, que tamén teen lugar nesta sala. Nese senso, ante a imposibilidade de pr en marcha no presente curso o servizo de cafetara, desde o Decanato acometeuse un acondicionamento deste espazo coa idea de destinalo temporalmente a unha iniciativa berta s propostas do alumnado, que contribúa a que o estudantado poida desenvolver unha programacin continuada de exposicins.
