DUVI

Diario da 鶹

Este mércores tivo lugar un acto de benvida para todas e todos eles no edificio Miralles

360 estudantes de doutoramento inician este curso a súa carreira investigadora na 鶹

En total son mis de 1000 as persoas que se forman nun dos 40 programas que ofrece a institucin

Tags
  • Estudantes
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • HR
  • Estudantes
M. Del Ro DUVI 12/04/2023

40 programas de doutoramento; mis de 340 estudantes de novo ingreso e arredor de 140 teses defendidas cada curso. O ecosistema de posgrao da 鶹 permite que, ano tras anos, se formen nos tres campus os futuros investigadores e investigadoras do tecido de I+D galego e do resto do Estado. Na actualidade son mis de 1000 as persoas que estn cursando estudos des doutoramento na 鶹, dos cales 360 se incorporaron este mesmo curso. Para todos eles a institucin académica organizou este mércores un acto de benvida co obxectivo de darlles a benvida “a esta nova etapa da vosa vida”, como salientaba a vicerreitora de Investigacin, Transferencia e Innovacin, Belén Rubio.

O obxectivo desta xornada, recalcaba, “é ofrecer algunhas claves sobre esta etapa e algunhas pistas para que saibades como estamos e, para min, é unha honra poder dicir que a 鶹 est moi ben posicionada nos rnkings en investigacin, moi preto de entrar entre as 500 primeiras do mundo e iso e conséguese grazas a vs, xente que se inicia na investigacin con moitas ganas e impulso; sodes o futuro, a punta de lanza da nosa institucin e temos moita esperanza e confianza en vs e queremos que vos sintades a gusto na que agora é a vosa casa”.

Na apertura da xornada, o director da Escola Internacional de Doutoramento, Eido, Antonio Pino Garca, fixo fincapé en que “os estudos de doutoramento deben ser considerados como a xoia da coroa” dunha institucin de educacin superior, xa que “constitúen o mis alto grao académico que se pode obter” e incidiu en que a formacin como persoal investigador non s xera un beneficio para o alumnado, “senn tamén para todos os grupos de investigacin aos que ides achegar novos folgos, perspectivas e puntos de vista”.

40 programas, 360 novos estudantes e 140 defendidas cada ano

A oferta de doutoramento da 鶹 est conformada por 40 programas, dez do eido social e xurdico; once do mbito cientfico; cinco de artes e humanidades; nove relacionados coa enxeara; dous coa saúde e outros tres interdisciplinares. Deles, sete estn ligados ao campus de Ourense, cinco ao de Pontevedra e os outros 28 a Vigo. De cara ao prximo a 鶹 agarda poder estrear un novo ttulo, o programa en Nanociencia e Biomedicina, que substituir ao de Ciencia e Tecnoloxa de Coloides e Interfaces.

Entre todos estes programas, a 鶹 conta actualmente con mis de 1000 estudantes de doutoramento matriculados. Cada curso, explica Pino Garca, incorpranse entre 320 e 340 novos estudantes a esta etapa formativa; en concreto, neste 2022/2023 son 360 os novos estudantes de doutoramento, 292 matriculados en primeira convocatoria e o resto no segundo prazo, que se abriu en febreiro.

No que se refire presentacin das teses de doutoramento, a cifra est estabilizada arredor das 140 anuais. Este é un panorama que se vén mantendo nos últimos anos: hai unha década, no curso 2012/2013, defendéronse 160; hai cinco anos 134; e o curso pasado 141. Esta situacin tan s se viu alterada no curso 2015/2016 pola extincin de normativas anteriores, o que provocou un importante incremento no número de teses lidas. No curso actual hai 98 teses admitidas ata o momento, pero como puntualiza o director da Eido, “é unha cifra provisional, faltan varios meses e agardamos chegar ao dato do curso pasado e mesmo superalo”. Con todo a pandemia tamén tivo imparte neste programas, e anda que dende o primeiro momento se puideron ler teses en lia, houbo moitos estudantes que decidiron agardar a poder defendelas presencialmente, o que provocou unha lixeira baixada nas cifras en 2019/2020 e unha posterior subida en 2021/2022.

Retomar o evento tras o parn da pandemia

Esta é a segunda vez que se organiza unha xornada de benvida para o alumnado de todos os programas de doutoramento da 鶹. Tras unha experiencia piloto que tivo lugar en 2019, a pandemia impediu continuar con celebracin destes actos que agora se retoman co obxectivo de converterse nunha cita anual para os investigadores e investigadoras novas que se incorporan cada ano aos programas de doutoramento. Como explica o director da Eido, “esta é unha actuacin habitual nas escolas de doutoramento para informar de certas cuestins xerais dos programas. Queremos o alumnado tea unha idea xeral do seu itinerario e doutras cuestins da vida universitaria, pero o peculiar desta estrutura e o perfil de maior madurez dos estudantes fai que sexa preferible facer unha xornada especfica de doutoramento en lugar de xuntala con grao e mestrado”. Ademais, o calendario propio destas titulacins require agardar a esta época para que estea todo o alumnado incorporado, “xa que case o 20% dos nosos novos estudantes acceden no segundo perodo de matrcula, que se abre en febreiro”. Pino Garca tamén subliou a importancia de apostar pola presencialidade, “un formato a modo de da de encontro entre estudantes de distintos mbitos e campus”.

Programa da xornada

Á xornada asistiron estudantes tanto do campus de Vigo como de Ourense e Pontevedra, que contaron cun servizo de transporte de balde para desprazarse ao edificio Miralles. A xornada arrancou coa intervencin da vicerreitora Belén Rubio, que lles explicou en que consiste o selo de excelencia HR Excellence in Research, co que a Comisin Europea recoece “a determinadas institucins que imos progresando no aliamento de polticas de recursos humanos con 40 principios do que se chama a Carta do investigador e o Cdigo de Conducta para a contratacin de Investigacin”. Na actualidade, en todo o continente hai 700 organizacins con este distintivo, 150 delas en Espaa, sendo a 鶹 unha das primeiras en obtelo, en 2017. Nas últimas semanas acaba de recibir un informe positivo provisional para a súa renovacin durante tres anos mis. Contar con este selo, destacaba Rubio, é importante por varios motivos, por exemplo, para a obtencin de proxectos europeos, e ademais forma parte do Plan Estratéxico da 鶹, que contempla implementar a estratexia HRS4R, establecer procesos OTMR (Open, Transparent and Merit-based Recruitment) para a contratacin de persoal e apostar por polticas de ciencia aberta. Sobre este último aspecto, a vicerreitora destacou que tanto a nova Lei de Universidades como a nova Lei da Ciencia “dedican un apartado exclusivo a este nova maneira de entender a ciencia a e innovacin e obrigan a que todos os traballos que publiquemos sexan en aberto”, facendo referencia a algúns dos mecanismos e ferramentas dos que dispn a 鶹 para este fin. Rubio tamén se referiu na súa intervencin Coara, unha nova coalicin da que a 鶹 forma parte, que propn un cambio na avaliacin da investigacin, e que entre outras propostas, “avoga por ter en conta, ademais das publicacins cientficas, outros aspectos como os labores de divulgacin cientfica, a transferencia, as patentes ou os contratos con empresas” e animou aos estudantes a ser participativos en todos estes aspectos.

Tras a vicerreitora foi a quenda do equipo de direccin da Eido, o Servizo de Xestin de Estudos de Posgrao e a Área de Calidade, que explicaron s e aos asistentes o itinerario académico dos estudos de doutoramento, comezando por detallar as funcins da Escola Internacional de Doutoramento e as etapas académicas nos estudos de doutoramento, a xestin administrativa, os procedementos, prazos e ferramentas, a calidade nesta etapa formativa e as axudas ao estudo e apoio mobilidade.

Unha segunda parte da xornada centrouse precisamente na tese de doutoramento, detallando as diferentes etapas do plan de investigacin, a redaccin, as mencins oficiais (internacional, cotutela e industrial), a constitucin do tribunal, o acto de defensa, a plataforma para o depsito en lia e, finalmente, a expedicin do ttulo.

Estas sesins complementronse coa instalacin no vestbulo do edificio de diferentes postos informativos de servizos como o Centro de Linguas, a residencia, Bolsas, Emprego, a asociacin de investigadores API鶹, a Oficina de Relacins Internacionais (ORI), a Biblioteca, Escola Aberta de Formacin Permanente, Extensin Universitaria, Benestar, Saúde e Deporte, Unidade de Igualdade, ou Voluntariado.