O vindeiro 29 de maio celebrarn o seu acto de graduacin
33 estudantes forman a primeira promocin da Facultade de Relacins Internacionais da 鶹
Con elas e eles arrancou un grao interuniversitario que conta cunha das notas mis altas de acceso
O vindeiro mes de maio comezan a celebrarse os actos de graduacin deste curso académico e no campus de Ourense entre eles destaca o da primeira promocin do Grao de Relacins Internacionais. Esta titulacin, e con ela a Facultade de Relacins Internacionais da 鶹, arrancou no curso 2022/2023 e catro anos despois presenta unha promocin “preparada para voar polo mundo”, cunha formacin multidisciplinar e verstil pensada para traballar nunha sociedade xa global.
O grao é interuniversitario, de xeito que os dous primeiros cursos son comúns co campus de Ferrol (Universidade da Corua), habendo un grupo de arredor de 25 estudantes en cada campus. En terceiro e cuarto, ofrécese unha especializacin diferenciada en cada universidade. Laura Carballo, decana da Facultade de Relacins Internacionais da 鶹, sinala que entre as caractersticas destacadas deste grao estn “que é fortemente multidisciplinar, participando na docencia reas de antropoloxa, ciencias empresariais, ciencia poltica, dereito, economa, filoloxa, filosofa, historia, informtica, psicoloxa, socioloxa, e xeografa”. En segundo lugar, apunta que se trata dun grao trilingüe (galego, espaol e inglés) coa particularidade de que un 50% da docencia imprtese efectivamente en inglés. A titulacin, que oferta cada curso 25 prazas en Ourense, empezou en 2022 cunha nota de acceso de 10,02 e actualmente est en 11,45, sendo un dos graos mis demandados da 鶹 e do conxunto do Sistema Universitario de Galicia.
Persoas curiosas e dinmicas, participativas e con pensamento crtico
O da 29 de maio celebrar a súa graduacin esta primeira promocin de Relacins Internacionais da 鶹, formada polo estudantado que inicialmente empezou o grao en Ourense e por dez mis que empezaron no campus de Ferrol pero que en terceiro curso se trasladaron a Ourense para cursar a súa mencin en Xestin de Proxectos e Negocios Internacionais, en tanto que unha das estudantes de Ourense se trasladou a Ferrol para cursar a súa mencin en Cooperacin ao Desenvolvemento. Desta primeira promocin Laura Carballo sublia que est formada maioritariamente por mulleres e que, acorde coa elevada nota de acceso, é un alumnado excelente, estudantes “moi curiosos e dinmicos, participativos, con pensamento crtico e ideas propias”. As, pon de relevo o interese que amosaron ao longo destes catro anos na carreira “pero tamén o interese por facerse cun curriculum alternativo, o que fixo que unha inmensa maiora participara en programas de mobilidade”.
A decana sublia ademais que este estudantado non dubidou “en aproveitar oportunidades para as que non tian referentes previos”, como realizar prcticas na embaixada espaola dun pas europeo como parte dun programa do Ministerio de Asuntos Exteriores da UE no que acababa de entrar a 鶹. Igualmente, engade Laura Carballo, estes estudantes “non deixan pasar oportunidades de participar en congresos ou seminarios, tamén como relatores” e son moi pro-activos, “o que nos obrigou a convocar xornadas de sadas profesionais dende o seu segundo ano de carreira xa que non queran pecharse opcins”.
A responsable académica destaca tamén o esforzo feito por este alumnado que viviu o nacemento da facultade. “Os seus dous primeiros anos non foron nada sinxelos. Trtase dun grao interuniversitario e son un grupo único co campus de Ferrol, o que implica docencia hbrida durante os dous primeiros anos. Aqu testouse a súa paciencia, xa que a tecnoloxa non é mxica, pero eles mesmos aprenderon a salvar os obstculos coa inestimable axuda do persoal de conserxera no noso caso. Moita paciencia tamén tiveron cos espazos xa que non temos espazos propios e iso implicou moitos cambios de aulas", comenta Laura Carballo.
Profesionais flexibles
Formando parte desta primeira promocin de Relacins Internacionais da 鶹 est Ainhoa Garca Marcos, membro da delegacin de estudantado da facultade. “Ser a primeira promocin galega do Grao de Relacins Internacionais é unha grande experiencia. É certo que xestionar un grao e unha facultade nova non é doado, e ns somos uns pequenos grans de area que farn que as seguintes promocins melloren. Porén, é incrible como un grao pode xuntar tantas ramas distintas (dereito público e privado, economa, poltica, xestin de proxectos, mrketing, investigacin de mercados...) e en tres idiomas distintos, sendo a maiora en inglés”, apunta. Facendo balance destes catro anos de estudo, explica que “sinto que, tras este percorrido, non s medrei academicamente e creceron os meus coecementos, senn tamén como persoa, descubrindo como funciona realmente o mundo que nos rodea”.
Este alumnado afronta na súa recta final a realizacin das prcticas, dos últimos exames e da presentacin dos traballos fin de grao e a súa inminente sada ao mercado laboral. A titulacin, explica Laura Carballo, non est ligada a unha profesin regulada ou tradicional, mais as reticencias ao respecto caen ante o aumento dos coecidos como “profesionais flexibles”, isto é, ante o feito de que os avances sociais e tecnolxicos esixen unha maior capacidade de adaptacin ao mercado laboral dados os rpidos cambios nos tipos e postos de traballo. “A versatilidade do Grao en Relacins Internacionais en termos de coecementos as como as habilidades que adquiren estes graduados capactaos para adiantarse a tales cambios antes ca outros”, comenta. A actual internacionalizacin de sociedades e economas, sinala, “fai dubidar que haxa anda algún aspecto que poida considerarse puramente doméstico” e fai que a presencia de graduadas e graduados en Relacins Internacionais sexa requirida nos variados mbitos, desde pemes e organizacins non gobernamentais ata grandes organismos internacionais.
