DUVI

Diario da 鶹

Na exposicin ‘Do final e do comezo’, que reúne obras nacidas como traballos de fin de grao

27 tituladas e titulados en Belas Artes proxectan o seu talento no Pazo da Cultura

A mostra contar con visitas guiadas e obradoiros impartidos polo alumnado

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 10/01/2024

Como un proxecto que representa “anos de formacin, descubrimentos e transformacins” preséntase Do final e do comezo, a exposicin que reúne no Pazo de Cultura as creacins que 27 novos titulados e tituladas en Belas Artes desenvolveron como traballos de fin de grao. Promovida polo Concello e a facultade, esta mostra colectiva foi inaugurada na noite deste martes, nun acto no que participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores, o decano, Xosé Manuel Buxn, o concelleiro de Cultura, Demetrio Gmez, e a comisaria da mostra, Alexandra R. Rey. 

“Este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camios”, recolle o texto de presentacin da exposicin, que lembra tamén a figura de Juan Carlos Meana, quen impulsou na súa etapa ao fronte do Decanato esta exposicin anual. Seleccionados nunha convocatoria aberta aos TFG defendidos o pasado curso, Do final e do comezo busca articular “unha panormica das múltiples propostas, investigacins e pensamentos que se formaron no contexto da facultade”, reunindo un conxunto de obras que abranguen desde a pintura ou a fotografa ata a instalacin ou a escultura. As creacins de 25 novas tituladas e dous titulados integran unha mostra que reflicte unha diversidade de intereses e temticas, conectadas súa vez, como sinalou a súa comisaria, polo seu interese de indagar sobre a súa orixe e polo traballo con elementos téxtiles en múltiples tipos de obras.

Tras a inauguracin deste martes, na que participaron boas parte das artistas e dos protagonistas, Do final e do comezo poder contemplarse ata o 11 de febreiro. Coordinada por Vaciocero Servicios Culturales, a exposicin completarase con visitas guiadas para o público xeral e para grupos de escolares e por obradoiros impartidos polo alumnado, en ambos casos con inscricin a través do servizo do Concello.