O profesor de Belas Artes Manolo Dimas protagoniza unha exposicin no museo municipal de Laln
16 cadros nacidos dos fragmentos do ano da pandemia
A mostra ‘Disciplinas variadas’ reúne unha serie obras creadas neste 2020
“Traballei coa pintura como se fose un collage, pintando cousas que logo compoen un cadro, que é un pouco como estamos facendo agora coa nosa vida, na que non podes facer plans e vas cadrando as cousas segundo van vindo”. Deste xeito explica o artista e profesor da Facultade de Belas Artes Manuel Dimas o proceso de traballo que marcou Disciplinas variadas, a exposicin que ao longo deste mes de decembro protagoniza no Museo Municipal Ramn Mara Aller Ulloa de Laln. 16 cadros, creados todos eles ao longo do presente ano, integran unha exposicin na que, como explica Dimas, a “homoxeneidade” naceu desa relacin que se foi xerando entre múltiples elementos, entre os que figuran varios motivos referenciais da súa traxectoria pictrica, como a xeracin dun “mundo un pouco fantstico” ou a presenza tanto da natureza e de animais como da figura humana.
Coa excepcin de sete cadros, que en outubro formaron parte da exposicin Na beira do ro. Dilogos na pintura, no Pazo da Cultura de Pontevedra, Disciplinas variadas reúne un conxunto de obras non expostas previamente. Inaugurada na noite do pasado venres, nun acto que contou coa participacin do alcalde de Laln, José Crespo, e da concelleira de Cultura, Begoa Blanco, a mostra, seleccionada na convocatoria de axudas para a realizacin, comisariado e montaxe de exposicins artsticas da 鶹, toma o seu nome da incerteza que caracterizou o propio ano de creacin das obras. “Ao final houbo unha homoxeneidade, pero realmente non saba como a facelo nin que a facer”, recoece Dimas dun proceso de traballo, “no que haba unha idea previa, pero que logo vai variando e levndote a outros lugares” e que se viu marcado tamén polo confinamento.
Cadros con múltiples lecturas
“Sempre me gustaron os cadros que logo acaba quen os ve. Interésame que o cadro tea moitas lecturas, que achegue a cada persoa algo diferente”, salienta Dimas. Esa idea define os 16 cadros, todos eles das mesmas dimensins, que integran esta exposicin, que buscan “que quen os mira poida ver cousas totalmente diferentes”. Neles mantéense algúns dos elementos que caracterizan boa parte da súa producin pictrica, “o circo, os animais, a natureza...”, as como o uso da figura humana, coa que o artista e docente busca tamén promover esa interaccin co espectador. “Sempre me gustou humanizar, digamos, os cadros”, recoece Dimas, cuxas obras forman parte de coleccins como as do Museo Reina Sofa, o Museo de Arte Contemporneo de Madrid, a Coleccin La Caixa ou a Coleccin Miles Davis.
