DUVI

Diario da 鶹

Na celebracin este xoves e venres no campus de COuMUN 2026

150 estudantes pense na pel dos estados membros da ONU

Escenificarn o traballo de diferentes consellos da Organizacin das Nacins Unidas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Internacional
  • Estudantes
DUVI Ourense 07/05/2026

As delegacins de alumnado das facultades de Relacins Internacionais e de Dereito do campus de Ourense celebran este xoves e venres COuMUN 2026, unha simulacin da ONU onde arredor de 150 estudantes das tres universidades galegas e algún de Madrid e Porto escenifican a representacin dos estados membros nos diferentes consellos da Organizacin das Nacins Unidas. 

A iniciativa conta co apoio das facultades de Dereito e Relacins Internacionais, a Vicerreitora do campus de Ourense e a Xunta de Galicia. Tras celebrarse en edicins anteriores no campus de Ferrol, co que a 鶹 comparte o Grao de Relacins Internacionais, este ano COuMUN ten lugar en Ourense. Na súa organizacin participan as fundadoras da actividade, Sofa Castrilln e Teresa Hermida; as alumnas da Delegacin de Estudantes de Relacins Internacionais Ainhoa Garca, Celia Ramos e Carme Tomé, e os alumnos da delegacin estudantil de Dereito Iker Agulla e José Luis Núez. 

A programacin arrancou este xoves na delegacin territorial da Xunta de Galicia en Ourense cunha benvida a cargo do delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo; o vicerreitor do campus, Francisco Javier Rodrguez; a decana da Facultade de Dereito, Susana Álvarez, e a decana da Facultade de Relacins Internacionais da 鶹, Laura Carballo. Trala benvida, houbo unha conferencia inaugural a cargo de Carmen Bulln, oficial xurista do Servizo de Dereito para o Desenvolvemento da FAO (Organizacin das Nacins Unidas para a Alimentacin e a Agricultura). Ao remate a actividade trasladouse ao edificio Xurdico-Empresarial do campus, onde esta tarde e ao longo de todo o venres se celebrarn as diferentes simulacins das sesins dos consellos da ONU, desde a Unesco a ONU Mulleres. 

Das armas nucleares xestacins subrogada

Nestas sesins, explican desde a organizacin, o alumnado, maioritariamente do Grao de Relacins Internacionais pero tamén de Dereito, porase no papel das e dos representantes dos diferentes estados nos consellos das Nacins Unidas, tendo a oportunidade de “vivir desde dentro o traballo que realizan”. A actividade, comentan, “é moi positiva para o alumnado de Relacins Internacionais pero tamén para calquera estudante, porque traballas aspectos como a negociacin e o debate pero tamén te metes de cheo en problemticas actuais que é necesario abordar para construr entre todos un futuro mellor”. Trtase, apuntan, dunha actividade “que che enriquece mis al das aulas”. 

Entre os temas controvertidos sobre os que debatern este xoves e venres e nos que intentarn  chegar a acordo estn as armas nucleares en Oriente Medio, a expropiacin de bens culturais pola colonizacin e a guerra, o conflito de Myanmar, o narcotrfico, os criptoactivos e a xestacins subrogada. Neste senso destacan que a gran dificultade é que cada estudante representa un pas diferente e nas súas intervencins arredor das temticas elixidas “teen que adaptarse s idea dese pas, s súas caractersticas, cultura e tradicins, e representalo en consecuencia”. Isto, engade o alumnado organizador, “axúdache a entender outras realidades no mundo e tamén a como agora mesmo est funcionando todo a nivel internacional, nun contexto de incerteza e globalizacin pero que che afecta a ti mesmo”.