DUVI

Diario da 鶹

A vicerreitora de Internacionalizacin, Maribel del Pozo, deulles este luns a benvida

120 estudantes internacionais, maioritariamente asiticos, elixen Vigo para formarse en lingua e cultura espaola

Estn matriculados no ttulo propio LCA, do Centro de Posgrao e Formacin Permanente

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Internacional
  • Visitas
  • Institucional
D. Besado DUVI 17/11/2025

A 鶹 deulle este luns a benvida aos 120 estudantes internacionais matriculados no Diploma de Formacin , unha formacin que, por primeira vez, se incorpora oferta formativa do Centro de Posgrao e Formacin Permanente da universidade viguesa. Chegados desde Emiratos Árabes Unidos, Turqua, Indonesia, Exipto, Siria, Qatar, Filipinas ou Irn levan xa varias semanas na cidade e por diante teen o reto de aprender o idioma e os trazos bsicos da cultura espaola en apenas nove meses.

O acto de benvida tivo lugar na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo, centro no que se desenvolven as clases. Foi nun repleto saln de graos, ata onde se achegaron a vicerreitora de Internacionalizacin, Maribel del Pozo; o vicedecano da facultade, José Carlos Orge, xunto co director da Área de Plurilingüismo Óscar Ferreiro; o director do Centro de Posgrao e Formacin Permanente, Fernando Cerdeira, as como Mercedes Álvarez, coordinadora académica e xefa de estudos do Centro de Linguas, e Ángeles Tomé, coordinadora do programa LCA.

9 meses nos que familiarizarse coa vida universitaria espaola

Todos lles deron a benvida 鶹 e as grazas por ter elixido esta institucin para formarse en lingua e cultura espaola. “Estamos moi felices de que elixirades a 鶹 para formarvos e agardamos que aproveitedes todas as oportunidades que se vos brindan como estudantes propios da 鶹”, explicoulles a vicerreitora, Maribel del Pozo, quen os animou aproveitar o tempo, a estudar e aprender, pero tamén a gozar de Galicia, das súas paisaxes e da súa cultura. “Intentade anotarvos en todas as actividades que van organizar ao voso arredor”, aconselloulles a vicerreitora, quen lles lembrou que ante calquera problema “académico ou persoal, non dubidedes en recorrer a ns, somos conscientes do duro que é estar lonxe dos vosos fogares, polo que mentres esteades aqu recorrede a ns sempre que sexa preciso”. Animounos tamén a estudar duro e, ao igual que os outros participantes, a matricularse o vindeiro ano nun grao ou posgrao dunha universidade espaola (“preferentemente da 鶹”) no curso académico 2026/2027.

En xuo examinranse dun nivel B2 de casteln

Tal e como lembraron as responsables do programa no Centro de Linguas, o obxectivo do programa é que estes estudantes adquiran un nivel B2 de casteln en xuo e que se familiaricen coa cultura e a vida universitaria en Espaa. Cun intenso programa de clases ao longo de todo o curso, o nivel de castelan acreditarano en xuo de 2026 co exame CertAcles espaol B2 que realizarn na propia Universidade de Vigo, xa que o seu Centro de Linguas é unha das entidades acreditadas por ACLES (Asociacin de Centros de Linguas da Ensinanza Superior) para elaborar e administrar este exame, con validez en todo o Espazo Europeo de Educacin Superior.

As clases desenvlvense na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo e contan cun equipo de profesorado composto por mis dunha ducia de docentes, inclundo persoal propio da 鶹, as como do Centro de Linguas. Inclúense materias relacionadas con contidos funcionais, gramaticais, léxicos e socioculturais, xunto con valores cvicos e de convivencia e dereitos e deberes como cidadns.