DUVI

Diario da 鶹

A pedagoga Sonia Pintos impartiu un seminario en Ciencias da Educacin e do Deporte

Unha xornada achega ao futuro profesorado ferramentas para avaliar con creatividade

Dirixida a alumnado de Educacin Infantil e Educacin Primaria

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • é
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 24/04/2019

Abordar o papel que ocupa a avaliacin no proceso de ensinanza e aprendizaxe, co fin de analizar e identificar claves que permitan pr en marcha procesos de avaliacin creativos na aula é o obxectivo central da xornada Avaliar en Educacin Infantil e Primaria que, na tarde deste mércores, se desenvolveu na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte. “O xeito no que se avala enva moitas mensaxes sobre as metodoloxas e sobre o que pensamos que é ou debe ser a educacin”, salientou a pedagoga e educadora social Sonia Pintos, responsable de impartir tanto a conferencia como o seminario que integraban esta xornada dirixida polas profesoras da Área de Didctica da Expresin Plstica Cristina Varela e Begoa Paz.

“A avaliacin é moi importante en todas as etapas da vida dunha persoa, porque marca o proceso de ensinanza-aprendizaxe” e mis anda nas etapas de educacin infantil e primaria, “na medida na que educa nunha determinada cultura avaliativa”. salientou a conferenciante, técnica de Xuventude no Concello de Soutomaior e asesora en diferentes proxectos de innovacin en intervencin sociocomunitaria, da que Paz destacou na presentacin o seu labor "na formacin de formadores", baseado "na creatividade e en procesos metodolxicos innovadores". 

A xornada abriuse cunha conferencia sobre estratexias didcticas na que Pintos Pazos abordou a importancia que ten “o uso de estratexias baseadas nas reflexin e na crtica construtiva en relacin ao que queremos que sexa a avaliacin”. Cuestionar “que, como, cando, quen, con que e, sobre todo, para que avaliamos”, constitúe nese senso o punto de partida para a definicin dun proceso de avaliacin que resulte “eficaz e relevante para a aprendizaxe no contexto educativo actual”. De a que a conferenciante defendese a importancia da avaliacin como parte da metodoloxa didctica, como un proceso que implica en si mesmo unha aprendizaxe, de tal xeito que, sinalou, “se cambiamos a cultura de avaliacin cambiamos a metodoloxa didctica”. Nese senso, Pintos avogou por achegar creatividade, “probar e experimentar”, hora de desear procesos avaliativos, xa que esta “ten que cambiar igual que o fai a educacin para adaptarse s necesidades dos cidadns e cidads do presente e futuro”.

Un proceso de avaliacin creativa visto desde dentro

A conferencia viuse completada por un obradoiro sobre ferramentas de avaliacin creativa, no que Pintos propuxo ao alumnado unha “prctica colaborativa” na que deban ir superando unha serie de retos, “para conseguir descifrar que hai detrs dun proceso de avaliacin creativa” e coecer as exemplos de estratexias “nas que o punto lúdico, a fantasa e a creatividade” se convertan en “motor da aprendizaxe”. Con esa idea, Pintos, que abriu a súa conferencia convidando aos e s asistentes a cubrir "unha factura" co propsito facer alusin s dinmicas dos exames, articulou este taller como "unha viaxe" no que, divididos en dous grupos, o alumnado deba ir superando unha serie de retos que vez lles servan para definir estratexias, ferramentas do propio proceso avaliativo. As, o taller que abriu achegando ao alumnado unha mensaxe no interior dunha botella, convidbados en primeiro termo a escoller voceiros e voceiras para os seus grupos, para logo definir o "destino da súa viaxe, que sera o obxectivo da actividade" e facer fronte a retos como construr "unha historia para nenos e nenas de 6 anos" empregando unha serie de verbas extradas dos obxectivos educativos de primaria. Tratbase, explica, dun obradoiro cuxa metodoloxa constitua en si mesmo “un exemplo prctico de como introducir a avaliacin na aula desde o primeiro da”, compartila co alumnado e “facela mis democrtica, sabendo desde o primeiro momento que se agarda de ns e como podemos conseguilo”.