DUVI

Diario da 鶹

Coa proxeccin de dez das súas longametraxes entre setembro e decembro

A Vicerreitora dedica un ciclo de cinema ao director Joseph L. Mankiewicz

O monogrfico arrinca este venres coa proxeccin de ‘O americano tranquilo’

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 11/09/2019

Neste 2019 conmemorase o 110 aniversario do nacemento de Joseph Leo Mankiewicz, “unha figura senlleira dentro do cinema clsico estadounidense, que reuna as tarefas de director de escena, realizador e guionista”, como lembra o programador Suso Novs. Co propsito de homenaxear e reivindicar a súa figura, a Vicerreitora do campus dedica o habitual ciclo de cinema do primeiro cuadrimestre a este realizador norteamericano. Dez proxeccins e un relatorio, que tern lugar os venres s 19.00 horas na sede da Vicerreitora, integran a programacin dun ciclo que leva por nome JLM e que arrinca este venres coa proxeccin de O americano tranquilo.

A través da seleccin de filmes de diferentes xéneros e épocas o ciclo buscar trazar “unha especie de visin panormica sobre a obra e a maneira de entender o cine” dun director que Novs destaca “como un mestre nas estruturas narrativas, que se mantivo traballando a un nivel moi alto” durante mis de dúas décadas. De feito, con ese propsito de “bocexar a súa traxectoria” e abordar unha obra cinematogrfica que reflexionaba “sobre a representacin, o rol do personaxe como intérprete, a dualidade...”, reúnense neste ciclo unha serie de pelculas “que non son tan coecidas” como ttulos como All about Eve ou Cleopatra, “pero que representan moi ben a súa concepcin do cinema”, apunta o coordinador do ciclo.

Dez filmes estreados entre 1946 e 1970

Con entrada libre ata completar aforo e proxeccins en versin orixinal subtituladas, complementadas por unha presentacin e o posterior coloquio, o ciclo arrinca este venres 13 coa proxeccin de O americano tranquilo (1958), pelcula baseada nunha novela de Graham Greene. O 27 deste mes proxectarase a “comedia sobre a sociedade” O mundo de George Apley (1947), mentres que outubro arrincar, o venres 4, coa exhibicin de Julio César (1953), “un dos grandes traballos de Mankiewicz, no que amosa directamente o seu amor polo teatro”. Á semana seguinte, o venres 11, poder verse o “drama familiar” Odio entre irmns (1949), mentres que o 18 proxectarase Murmurios na cidade (1951), unha comedia dramtica que propn “unha pseudolectura sobre a caza de bruxas” que por aquel entn viva o cinema estadounidense. Para pechar outubro, Novs ofrecer o da 25 o relatorio Imaxe vs representacin, no que por o foco nos “grandes temas” do cinema de Mankiewicz.

Xa en novembro, a Casa das Camps acoller o venres 8 a proxeccin da pelcula sobre espionaxe Operacin Cicern (1952), mentres que o da 22 poder verse S na noite (1946), “un dos mellores thrillers sobre a amnesia da historia do cinema”, pechndose o mes con Carta a tres esposas (1949), “un dos cumios creativos do cinema de Mankiewicz”, destaca Novs. Por último, para decembro estn programadas as proxeccins, o da 5, de Mulleres en Venecia (1967), filme que aborda a idea “da representacin dentro da representacin”, e, o venres 20, de O da dos tramposos (1970), comedia na que este cineasta“dlle unha volta ao xénero do western”.