DUVI

Diario da 鶹

Preto de 50 estudantes colaboraron cun evento que reuniu preto de 4000 deportistas

As unidades de voluntariado de Fisioterapia asistiron a mis de 400 participantes no Mundial Multisport

Nunha colaboracin que comprendeu cinco dos das da competicin

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 06/05/2019

O pasado sbado, Pontevedra celebraba a clausura do , que entre o 27 de abril o 4 de maio reuniu na cidade preto de 4000 deportistas e que supuxo as mesmo unha oportunidade para entrar en contacto con casos clnicos reais para preto de 50 alumnos e alumnas da Facultade de Fisioterapia, que participaron nas unidades de voluntariado coas que o centro colaborou co evento. Na que foi a colaboracin cunha competicin deportiva que reuniu un maior número de estudantes, polo posto co que a facultade contou no Pavilln Universitario pasaron mis de 400 deportistas durante os diferentes das de competicin, entre eles preto de 150 participantes no Campionato do Mundo de Triatln de Longa Distancia celebrado na xornada do sbado.

Entrar en contacto con pacientes reais e facelo ademais con “deportistas de alto rendemento” constituan os principais alicientes para o alumnado desta colaboracin co mundial, como sinala a profesora da facultade e coordinadora destas unidades de voluntariado, Yoana Gonzlez. “Tiveron a oportunidade de traballar cos mellores deportistas de triatln a nivel mundial. Á nosa unidade acudiu, entre outros, o campin do mundo Bienvenido Ballester”, engade Gonzlez do labor que, en diferentes quendas dun mnimo de 12 persoas, estes preto de 50 alumnos e alumnas desenvolveron baixo a coordinacin de dez docentes e antigos estudantes da facultade, que se encargaban de guialos e supervisalos na asistencia aos e s deportistas.

Cinco das, mis de 400 asistencias

No espazo instalado no Pavilln Universitario, esta unidade de voluntariado permaneceu operativa ao longo de toda a xornada nos cinco das que tiveron lugar as diferentes competicins. As, o 27 de maio, da no que tivo lugar a proba de duatln, os voluntarios e voluntarias asistiron a preto de 100 deportistas, mentres que o da seguinte, coincidindo coa competicin de paratriatln, atenderon unhas 70 persoas. O martes 30 e o xoves 2 esta unidade retomou a súa actividade con motivo dos mundiais de triatln cross e acuatln, atendendo mis de 50 persoas cada da, para pechar esta unidade a súa colaboracin co evento este sbado, xornada na que pasaron polo posto da facultade preto de 150 persoas. “Algúns deportistas acudiron en mis dunha ocasin, xa que competan en mis dunha proba e moitos dos que vieron nos primeiros das repetiron na nosa unidade antes e despois de competir”, apunta Gonzlez dunha iniciativa na que as e os estudantes puideron vivir unha experiencia prctica de traballo tanto con sobrecargas como con diferentes lesins. “Outra das partes que mis lles interesou foi o tratamento dos deportistas de paratriatln, onde coeceron as particularidades deportistas de participantes con amputacins, lesins medulares, con parlises braquiais”, explica a coordinadora dunha actividade que permitiu as mesmo ao alumnado traballar con competidores de diferentes grupos de idade, “mesmo con deportistas de 70 ou incluso 80 anos”.

Unha aprendizaxe fra das aulas

Abertas a alumnado de terceiro e cuarto curso, aos que nesta ocasin se sumaron tamén dous estudantes de segundo “que tian especial interese en participar porque son triatletas”, explica Gonzlez, estas unidades de voluntariado constitúen unha oportunidade “para aprender con casos reais”, como salienta a alumna Noelia Paz dunha iniciativa na que “ves no trato directo con pacientes o que é a fisioterapia deportiva”. Participante na unidade que atendeu o martes aos e s participantes no triatln cross, Paz salienta tamén o positivo dunha experiencia “bastante enriquecedora, na que ao haber xente estranxeira, tias que comunicarte en inglés”, e na que “vimos sobre todo sobrecargas e algunha cambra, pero na que tamén traballamos con deportistas paralmpicos”. Nesa mesma lia, o estudante Sergio Lamas salienta esta colaboracin como “unha forma de ver a fisioterapia fra da universidade” ademais de  como “unha forma de probarte a ti mesmo”. Nese senso, Lamas salienta o reto que supua “ter que comunicarte noutros idiomas” cos e as participantes, no seu caso na proba de longa distancia do sbado, e a variedade de casos que tiveron que atender ao longo da xornada para incidir en que se tratou dunha das actividades “mis interesantes” nas que participou no marco destas unidades de voluntariado.