DUVI

Diario da 鶹

Javier Prego constatou as súas potencialidades para a inspeccin de obras de enxeara civil

Unha tese demostra a utilidade do xeorradar para detectar defectos nas estradas

A investigacin confirmou tamén a viabilidade do seu uso en túneles en construcin

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • پܱ
  • Universidade e empresa
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 29/05/2019

Confirmar a validez do xeorradar ou GPR (siglas en inglés de radar de penetracin terrestre) como unha ferramenta útil para a anlise e inspeccin de obras de enxeara civil e infraestruturas de transporte foi o obxectivo central da tese que o enxeeiro Francisco Javier Prego desenvolveu ao abeiro dun proxecto do Grupo de Xeotecnoloxas Aplicadas (Geotech) da 鶹 eque defendeu na Escola de Enxeara Forestal do campus pontevedrés. A súa investigacin permitiu demostrar a utilidade desta ferramenta, baseada na “capacidade de penetracin das ondas electromagnéticas” para facer “unha especie de radiografa” de infraestruturas como estradas, permitindo as detectar defectos internos, ao igual que localizar servizos soterrados asociados a obras, como tubaxes. Do mesmo xeito, a investigacin desenvolvida por Prego Martnez permitiu constatar a viabilidade de aplicar o xeorradar en tarefas de control de calidade de túneles durante a súa construcin, vez que comprendeu tamén o desenvolvemento dunha aplicacin informtica para o procesado do sinal electromagnético emitido por este tipo de radares.

“Esta capacidade de penetracin das ondas electromagnéticas serve para estudar a presenza de anomalas que non se aprecian desde fra”, salienta o xa doutor, que pon como exemplo da utilidade desta ferramenta a posibilidade de detectar “ocos internos nunha explanada que poden causar o seu afundimento se colocamos grandes pesos na superficie”ou a localizacin das tubaxes existentes nun lugar no que est prevista unha obra. “É unha tecnoloxa anda pouco aproveitada no mbito das obras de enxeara civil, pero que ten avanzado moito nos últimos dez anos”, sinala este enxeeiro de Camios, Canais e Portos.

Dirixida polo investigador principal do grupo Geotech Pedro Arias e a docente do Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar Mercedes Solla, a tese Anlise da viabilidade e caracterizacin do sinal GPR para a avaliacin de obras e infraestruturas do transporte, tivo a súa orixe no proxecto de I+D Sitegi, que o grupo Geotech desenvolveu entre 2011 e 2013 con varias empresas galegas, entre elas as construtoras ourenss Extraco e Misturas, nas que traballa o novo doutor. Cofinanciado polo Centro para el Desarrollo Tecnolgico e Industrial do Ministerio de Economa e o Fondo Tecnolxico da Unin Europea, o proxecto permitiu o desenvolvemento dunha unidade mbil de inspeccin computerizada dotada de equipos como o GPR, tecnoloxa na que Prego Martnez centrou a súa tese, conformada por un compendio de artigos publicados en revistas cientficas de mbito internacional.

Unha ferramenta verstil e non destrutiva

Un destes estudos céntrase en demostrar “a capacidade do xeorradar como ferramenta para a deteccin de defectos internos e externos” en estradas e infraestruturas portuarias, a partires do estudo de “procedementos de inspeccin integral baseados no uso conxunto de tres técnicas non destrutivas”, o GPR, a termografa infravermella e o lser escner terrestre. Neste senso, o estudo achega “informacin prctica” sobre como unhas técnicas que non fan preciso picar nin cavar permiten detectar defectos como “a existencia de ocos interiores, crcavas e problemas estruturais internos das capas de firmes que non se aprecian desde fra”.

“Desde un punto de vista econmico, isto supn unha gran vantaxe, pois as técnicas de inspeccin destrutivas precisan habitualmente de reparacins posteriores ao seu uso”, salienta Prego quenao mesmo tempo destaca do xeorradar a súa “versatilidade para analizar multitude de infraestruturas”. Nese senso, outro dos artigos includos nesta tese confirma o seu potencial para a localizacin de servizos soterrados asociados s obras, como conducins e tubaxes. “Esta contribucin achegou novas pautas da actuacin que melloran a eficacia das prospeccins co xeorradar, optimizando os parmetros de adquisicin de datos GPR en campo, que foron validados a escala real nun tramo de probas” construdo en Allariz e onde se puido constatar como estes equipos eran capaces de localizar estas tubaxes subterrneas, diferenciando os seus tamaos, dimetros e emprazamento. Esta aplicacin puido validarse tamén en escenarios reais durante a construcin da autova Ourense-Celanova.

Aplicacin en túneles durante a súa construcin

Un terceiro artigo céntrase en analizar a viabilidade do uso do xeorradar no “control de etapas crticas de construcin” de túneles, un estudo que se realizou no túnel de Seir do tramo Lubin-Ourense das obras do AVE. “Analizouse se os elementos de sustentacin previstos estaban sendo ben colocados a medida que executaban”, explica Pregodun estudo que permitiu constatar a súa utilidade “no control de espesores dos gunitados -aplicacin de formigns de consistencia plstica con bombas-, na colocacin de elementos de sustentacin e na localizacin e control de deficiencias” durante o propio proceso construtivo. Nese senso, este enxeeiro incide en que nas etapas iniciais da construcin posibles erros de execucin “poderan pr en perigo a estabilidade dos túneles”, pese ao que, ata o de agora, os equipos GPR s foran usados en este tipo de obras unha vez rematadas, pero non en “etapas construtivas crticas en canto a seguridade”.

Unha tese que tamén derivou nunha app gratuta

A cuarta contribucin da tese céntrase no mbito das técnicas de procesado do sinal GPR, a través do desenvolvemento dunha aplicacin “para o procesado bsico preliminar do sinal electromagnético en tabletas e mbiles” que, explica Prego, constitúe unha “alternativa aos programas comerciais de procesado” vez que achega diferentes ferramentas para “a representacin grfica, filtrado e depuracin do sinal”. A app GPR-Anlisis- Geo-radar, que se pode descargar en Google Play, foi tamén validada en varios escenarios reais, entre eles as obras de construcin da autova Ourense-Celanova.