A investigadora Sara Fernndez desenvolveu un programa de dramaterapia e saúde mental
Unha tese constata os beneficios do uso terapéutico do teatro en persoas con trastornos mentais
Promove melloras na súa autoestima, creatividade e expresin de emocins
Preto do 9% da poboacin espaola sufre algún tipo de trastorno mental que afecta ao seu desenvolvemento cognitivo, emocional, fsico ou social, explica a investigadora Sara Fernndez, quen centrou a súa tese de doutoramento no deseo e avaliacin dun programa de dramaterapia dirixido a persoas afectadas por trastornos mentais. Centrada no uso de técnicas teatrais para promover o desenvolvemento persoal e grupal, “identificar e desenvolver fortalezas, identidade, habilidades metas e obxectivos”, a dramaterapia é unha ferramenta de intervencin que proporciona un lugar no que “relacionarse con diferentes problemticas sen necesidade de vivilas directamente”, explica a investigadora do grupo GIES-10, da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte. Nun campo no que “non hai publicacins cientficas previas en Espaa”, o da dramaterapia e a saúde mental, Fernndez Aguayo puido comprobar a eficacia desta disciplina para o desenvolvemento da autoestima, a asertividade, a creatividade, a identificacin e expresin de emocins, sentido da vida e capacidade para facer fronte a interaccins sociais dos e as participantes, “mellorando as a súa calidade de vida”.
Dirixida pola catedrtica desta facultade e investigadora principal do grupo GIES-10, Margarita Pino, a tese Drama como técnica terapéutica en saúde mental: deseo e avaliacin dun programa xorde “como resposta situacin das persoas cun diagnstico de enfermidade mental en Galicia, unha poboacin estigmatizada e con escasas posibilidades para a súa inclusin e desenvolvemento”, apunta Fernndez Aguayo, quen sinala que estas enfermidades poden traducirse en “illamento social, baixa autoestima, falta de motivacin, aplanamento emocional ou falta de metas ou propsitos”.
Fronte a estas problemticas, numerosos estudos, engade, amosan “a eficacia das artes” na recuperacin deste tipo de pacientes e mis en concreto nos “beneficios e melloras que se producen especialmente nos sntomas negativos e cognitivos cando se traballa coa dramaterapia”. Non obstante, esta ferramenta conta ata a data con “moi escasos recursos tericos e cientficos” en espaol, recoece a investigadora, quen buscou tamén coa súa tese contribur a achegar coecemento terico sobre esta disciplina e a súa aplicacin, as como a “intentar conseguir o recoecemento da dramaterapia en Espaa, que noutros pases é unha terapia recoecida”.
Un programa desenvolvido con 50 pacientes
O programa deseado pola autora deste tese foi posto en prctica cun grupo de 51 pacientes adultos nos centros de rehabilitacin das asociacins Avelaa e Doa, en Baiona e A Guarda e en Vigo e Cangas, respectivamente. Constitudo por unha serie de actividades “baseadas nos principios do drama e o teatro”, que implicaban “dunha forma ou outro o corpo no traballo”, o programa realizado por persoas diagnosticadas de esquizofrenia, no 76% dos casos, xunto con pacientes con bipolaridade e trastorno obsesivo compulsivo, centrbase nunha primeira parte en traballar, a través de diferentes exercicios e dinmicas teatrais, a autoestima, a relacin cos demais ou a superacin dos medos. Xa na súa segunda parte, a iniciativa tia como eixo en posta en común dos materiais creados nos diferentes exercicios co propsito de levar a cabo unha “creacin colectiva”, na que cada grupo “decide que quere contar e como o vai contar” e que podan presentar en público ao remate do programa, como fixeron os catro grupos participantes na iniciativa. “Esta creacin en común fxase como a consecucin dun logro e queda como referente para outras situacins futuras”, sinala da fase final dun programa que previamente presentara no libro Diseo y evaluacin de programas educativos en el mbito social, do grupo GIES10.
Mellor resposta ante diferentes situacins sociais
Valéndose de instrumentos cuantitativos e cualitativos, que contribúen tamén a replicacin dun programa que con adaptacins podera aplicarse tamén a outros colectivos, a investigacin completouse co desenvolvemento dun método de avaliacin dos resultados desta iniciativa que permitiu comprobar “a súa eficacia e utilidade para o desenvolvemento da autoestima, asertividade, sentido da vida, calidade de vida, interaccins sociais, expresin de emocins e creatividade das persoas con deterioro da súa saúde mental”.
Concretamente, nesta avaliacin final rexistrouse unha “eficacia estatisticamente significativa na diminucin do malestar e probabilidade de resposta ante diferentes situacins sociais”, os dous compoentes de asertividade analizados. Do mesmo xeito, rexistrronse melloras na percepcin por parte dos participantes dos seus niveis de “saúde, dependencia e soidade”. Concretamente, o 35% referiron que o seu grao de saúde se elevara ao final do programa, mentres que mis do 50% apuntaban que o seu nivel de dependencia diminura e un 25% sinalaban unha mellora no “grao de sociedade” percibido.
“Anda non sendo significativos”, xa que se trata de variables que requiren “dun longo proceso” para ser interiorizadas, os resultados amosan tamén, explica a investigadora, un aumento da autoestima e da súa percepcin do sentido da vida entre o inicio e o final da actividade. “O programa presentouse como un reto que a través do traballo foron alcanzado, xerando as un referente de éxito que se reforza coa presentacin ante o público e a boa resposta deste”, engade Fernndez Aguayo, quen constatou tamén nesta anlise melloras “na identificacin e expresin emocional, as como un aumento da creatividade”.
