DUVI

Diario da 鶹

Francisco Javier Álvarez, catedrtico de Dereito Penal, foi o encargado de impartilo

Un seminario afonda na “debilidade” do Cdigo Penal fronte aos delitos sexuais

Na súa intervencin destacou a importancia da súa reforma

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • é
Rosa Tedn DUVI Ourense 05/02/2020

O coecido como caso da manada e outros similares que lle seguiron, levaron ao debate público como a xustiza afronta o castigo das agresins e abusos sexuais. Co obxectivo de analizar a evolucin histrica da consideracin penal destes delitos, as súas cuestins mis controvertidas e as propostas de reforma existentes, este mércores a Facultade de Dereito do campus de Ourense organizou un seminario no que Francisco Javier Álvarez, catedrtico de Dereito Penal da Universidad Carlos III de Madrid, puxo en evidencia a “debilidade” do Cdigo Penal espaol hora de xulgar a violencia contra as mulleres.

O seminario, titulado Agresin e abusos sexuais: evolucin histrica, algunhas cuestins controvertidas e propostas de reforma, foi presentado por Inés Iglesias Canle, profesora de Dereito Procesual da 鶹, que destacou na súa intervencin a actualidade e relevancia do tema a abordar pero tamén a súa complexidade. Neste marco de traballo, Francisco Javier Álvarez propúxose na súa intervencin tratar co alumnado e profesorado presente “os puntos que estn en revisin hoxe en da do Cdigo Penal, fundamentalmente os referidos neste caso a delitos sexuais”.

Segundo explicou o experto antes da celebracin do seminario, “todos sabemos, sobre todo despois da polémica que se creou co caso da manada dos San Fermns, ao que seguiron outras manadas, a debilidade do Cdigo Penal hora de responder a ese tipo de ataques”. Esa debilidade, afirmou o catedrtico de Dereito Penal, “non é un problema dos xuces, de que interpreten isto ou o outro, como acontece noutros casos, o problema é que esencialmente o Cdigo Penal est mal feito”. Esta deficiencia, destacou, “vense denunciado desde hai vinte e tantos anos” pero, advertiu, non foi considerada polos polticos ata a actualidade. “O que pasou é que neste caso rebentaron as costuras do Cdigo Penal nun tema obviamente fundamental”, indicou referndose ao cambio que supuxo o acontecido no caso da manada.

Unha reforma pendente

No tratamento de delitos sexuais como o xulgado no caso da manada, salientou Francisco Javier Álvarez, “fallou o Cdigo Penal, o Cdigo Penal de 1995, e onde fallou foi hora de onde colocar as cousas”. A polémica existente na actualidade neste eido, indicou, “é unha polémica que non se orixinaba antes do Cdigo Penal do 95 porque con anterioridade a ese cdigo as cousas estaban ben colocadas, desde século e medio atrs”. Segundo explicou o relator na súa visita ao campus de Ourense, a problemtica no eido dos delitos sexuais “non é tanto un problema de que se entende por agresin ou que se entende por abuso, ou que se entende por violencia, senn que é unha cuestin de recolocar as cousas, sobre todo recolocar o que se debe castigar coa pena mis grave, xa sexa violencia, xa sexa intimidacin ou xa sexa estes con abuso de drogas”.

As, recalcou o catedrtico, a reforma do Cdigo Penal debe centrarse en “ver onde se pon cada cousa e con que pena se castiga”. Neste senso, o experto explicou como “se se trata dunha agresin violenta obviamente esa agresin non se pode levar a cabo nun sitio público porque todo o mundo o impedira pero se se lle proporciona unha substancia qumica muller sese da man con ela da discoteca, ninguén se d conta de que a hai algo, e se ataca. Iso é o que hai que recolocar”. Tendo en conta o que “fallou” no caso da manada e noutro delitos sexuais, “o que se pretende agora”, indicou Francisco Javier Álvarez, “é que se castigue coa pena maior todos aqueles casos nos que a unha persoa se lle d calquera droga e se lle deixa inerme en mans do seu agresor”.

Sobre a posible reforma do tratamento xurdico destes delitos, Francisco Javier Álvarez apuntou como “o goberno parece que se puxo as pilas para efectuar unha reforma do Cdigo Penal en materia sexual”. As, indicou como na súa opinin “hai dous ou tres temas a considerar a efectos dunha reforma urxente” desta norma, citando ademais dos delitos sexuais, os delitos polticos e de maltrato animal. No caso das agresins ou abusos sexuais, afirmou, “si ou si” a reforma vai ter que ir enfocada a ditar as penas mis graves nos casos que impliquen o abuso de persoas que, por exemplo polo uso de drogas, estn enaxenadas ou con perda de sentido etc.