DUVI

Diario da 鶹

Est deseada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio

Unha ruta interpretativa permite coecer o xacemento de San Salvador de Todea

A iniciativa forma parte do Proxecto Sancti Salvatoris que se desenvolve desde 2016 neste enclave

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • پܱ
  • Աپ
DUVI Ourense 17/07/2019

Membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (Geaat) da 鶹 acaban de rematar o deseo e sinalizacin dunha ruta interpretativa do xacemento medieval de San Salvador de Todea, composto por un castelo de fundacin alto medieval e unha necrpole escavada na rocha situados a escasos metros da aldea de San Salvador dos Penedos, no Concello de Allariz.

A iniciativa forma parte do Proxecto Sancti Salvatoris que desde o ano 2016 desenvolven membros do Geaat con financiamento da convocatoria para proxecto de investigacin da Vicerreitora do Campus de Ourense Inou, que conta co apoio da Deputacin de Ourense. Baixo a direccin dos arquelogos Adolfo Fernndez e Patricia Valle e coa colaboracin do Concello de Allariz, o proxecto pretende estudar e valorizar este enclave. Grazas s tres intervencins sucesivas de escavacin e restauro realizadas e a posta en marcha deste roteiro, indican desde o grupo de investigacin, “agora pdese visitar o xacemento seguindo un percorrido interpretativo que parte da aldea de San Salvador e visita os restos do castelo de Todea, a súa necrpole altomedieval asociada e outros elementos naturais e paisaxsticos, como a fonte do Ouver”.

Paneis e recreacin

Ao longo do percorrido, de trazado circular e de algo mis dunha hora de duracin, as e os visitantes poden informarse da historia do xacemento e do proxecto grazas aos paneis informativos colocados polo Geaat. Para facilitar esta ruta, o acceso ao castelo tamén foi adaptado mediante a construcin dunha escalinata que permite chegar ata o seu cumio e gozar desde al dunha vista panormica sobre o val do Arnoia. Para a sinalizacin da ruta, o Geaat encargou a Iago Araújo un debuxo que recrea o castelo de Todea no século XIV. “A recreacin fxose en base planimetra orixinal e ao seu emprazamento, é dicir, con rigor cientfico”, comenta Adolfo Fernndez.

No castelo, engaden os arquelogos do campus de Ourense, “os visitantes podern coecer a estrutura dunha pequena fortificacin medieval que controlaba o paso desde a Limia ata Allariz polo camio que via desde Portugal”. Especialmente significativa é, apuntan, “a súa porta norte feita en grandes sillares, a porta sur escavada nos penedos e os restos dun torren cadrado na parte mis elevada”. No marco do proxecto, lembran os seus responsables, realizouse unha secuencia completa da ocupacin do castelo, que se prolonga desde o século IX ata os inicios do século XV, “cando parece que é abandonado e incendiado”. Moita da pedra deste castelo, engaden, parece que foi utilizada nas construcins da aldea de San Salvador, especialmente na súa igrexa. “O castelo de San Salvador de Todea é un xacemento moi interesante. É un dos tpicos castelos galegos pequenos dos que non sabemos case nada porque case non hai ningún escavado. Este proxecto achéganos a como funcionaban estes pequenos castelos na Galicia medieval, a cal era a súa estrutura, que funcins tian, etc”, lembra Adolfo Fernndez.