DUVI

Diario da 鶹

Ser s 19.00 h no Cineclube Padre Feijo

A programacin de 'Docs del mes' arranca en Ourense coa proxeccin de 'Ouaga girls'

O ciclo audiovisual est formado en total por cinco sesins

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cine
  • Cultura
  • Igualdade
  • Cultura
DUVI Ourense 06/03/2019

Tras arrancar o pasado ano no campus de Pontevedra, a iniciativa Docs del mes esténdese este ano aos campus de Ourense e Vigo. O seu obxectivo é achegar o cine documental ao mximo número de espectadoras e espectadores e abrilo a novos públicos proxectando ata o mes de xuo cinco documentais internacionais, de calidade e de temtica e procedencia diversa. No caso de Ourense, o ciclo desenvlvese coa colaboracin do Cineclube Padre Feijo.

Con esta iniciativa a 鶹 súmase cos seus tres campus a DocsBarcelona, posto en marcha no ano 2004 e do que desde 2007 se encarga a compaa Parallel 40, estando na actualidade desenvovéndose en mis de 70 salas de Espaa e América Latina. No caso de Ourense propúxose colaborar nesta iniciativa ao Cineclube Padre Feijoo. “Entendemos que sera interesante, por criterio e por divulgacin, que o proxecto Docs del mes formase parte da programacin que o Cineclube oferta e iniciamos deste xeito unha colaboracin co fin de achegar a comunidade universitaria a este xénero audiovisual pero, ao mesmo tempo, cultura do audiovisual en xeral”, comenta Filemn Rivas, responsable de Actividades Culturais no campus de Ourense.

De Burkina Faso a Chile

As proxeccins en Ourense sern o 7 de marzo Ouaga girls; o 21 de marzo Bobby Jene; o 25 de abril Namrud; o 23 de maio Time trial e o 6 de xuo Los reyes. Todas as proxeccins, en versin orixinal con subttulos en casteln, sern de balde, s 19.00 horas, na Biblioteca Pública de Ourense.

Uagadugú, a capital de Burkina Faso, é o escenario no que un grupo de mozas estudan para se converter en mecnicas de coches. Nun pas cun paro xuvenil que supera o 50%, Ouaga girls é unha inspiradora historia sobre as eleccins que se toman na vida, nun momento no que se produce a complicada transicin da adolescencia vida adulta. Con este documental, o primeiro de longa metraxe da súa directora Theresa Traoré Dahlberg, comezar o vindeiro 7 de marzo o ciclo Docs del mes en Ourense, enlazando esta iniciativa coa celebracin do Da Internacional da Muller. Seguiralle o 21 de marzo Bobbi Jene, traballo da realizadora Elvira Lind, que toma o seu ttulo do nome da súa protagonista, a bailarina Bobbi Jene, que tras unha década de éxito e fama en Israel decide regresar a Estados Unidos a traballar de xeito independente. Na súa segunda pelcula documental, Lind amosar a loita dunha muller por manter a súa independencia, volvendo a un pas e a unha familia con fortes conviccins catlicas, que deixou atrs hai anos.

O 25 de abril chegar a Ourense Namrud, pera prima do realizador sevillano Fernando Romero, formado en Austria e Israel, onde traballou con músicos palestinos como director e produtor dos seus vdeos musicais. Namrud, nome que alude ao personaxe bblico que construu a Torre de Babel, achegar s e aos espectadores a historia de Jowan Safadi, famoso e controvertido músico palestino-israel, que coa súa banda Fish Samak escribe cancins crticas coa sociedade e nas que aborda temas considerados tabú no mundo rabe.

Pechan a programacin Time trial e Los Reyes. O primeiro deles é documental dirixido Finlay Prestell que nos achega as últimas carreiras de David Millar, un reputado ciclista escocés que recibiu unha suspensin por dopaxe en 2004, converténdose posteriormente nunha potente voz dentro da loita antidopaxe e volvendo s competicins como “ciclista limpo”. Time trial afonda nos seus últimos das de competicin no Tour de Francia, das que servirn ao protagonista para sincerarse consigo mesmo e co público sobre os claroscuros que determinaron a súa biografa deportiva. Por último, en Los reyes, os chilenos Bettina Perut e Ivn Osnovikoff traen pantalla a historia dos cans de rúa Fútbol e Chola, narrando as súas aventuras entre adolescentes nun parque chamado Parque de Los Reyes.

Programa completo