O profesor Alberto Ruiz de Samaniego reflexiona nun libro sobre a obra deste escritor francés
Un percorrido pola cidade núa seguindo as pegadas de Georges Perec
O texto analiza a novela e o filme homnimos ‘Un home que durme’
No ano 1967, o escritor francés Georges Perec (1936-1982) publicaba a súa segunda novela, Un home que durme (Un homme qui dort), que el mesmo levara ao cine en 1974 xunto co director Bernard Queysanne. A anlise destas dúas obras e o seu “encaixe dentro do contexto biogrfico e intelectual do autor e do seu tempo” constitúen o punto de partida de La ciudad desnuda. Variaciones en torno a Un hombre que duerme de Georges Perec (Abada Editores), libro no que o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego aborda as distintas temticas, intereses e influencias que percorren esta obra literaria e cinematogrfica “dun dos escritores mis recoecidos do século XX”.
Un home que durme, lembra Ruiz de Samaniego, narra a historia “dun individuo que, a piques de rematar a carreira, rompe con todo, non establece ningún contacto con ninguén, non exercita actividade premeditada algunha e se converte nun auténtico solitario no medio de Pars”. Trtase, engade, dunha novela que “responde tamén en certa maneira a unha situacin de crise persoal de Perec” e que vez é tamén “unha novela xeracional, no sentido de que quere contar o estado dunha certa xuventude francesa universitaria”. A partires desta obra e a súa posterior adaptacin ao cinema, este profesor de Estética e Teora das Artes propn no seu libro unha serie de “variacins que van dunha maneira un tanto circular tocando unha vez tras outra os mesmos temas, que xorden a medida que se visualizan os dous textos”.
Dous textos separados polo maio do 68
Esta serie de variacins parten da anlise de “dous textos que son o mesmo, pero que non son idénticos”, a novela e a pelcula, o que permite “ver en que medida un texto e outro din cousas distintas contando a mesma historia”. Nese senso, s diferencias que implica a propia adaptacin súmase o feito “de que no medio de ambos est o maio do 68”, de tal xeito que se na novela detllase a “crise biogrfica ou existencial dun suxeito”, o filme aborda “unha crise urbana, sociolxica”, explica Ruiz de Samaniego. Tamén mudan neste perodo os “intereses estéticos” do autor, ao igual que se fan presentes na pelcula as “cuestins polticas que afloran en 1968”, facendo destas dúas obras, salienta este docente e escritor, “un material perfecto para analizar unha época que pon os cimentos da posmodernidade”.
Un percorrido por preocupacins comúns
Ruiz de Samaniego foi en 2011, na Fundacin Luis Seoane da Corua, o comisario de Pere(t)c: tentativa de inventario, a primeira exposicin que se lle dedicou en Espaa a este autor e que deu pé a unha publicacin que reuna diferentes ensaios sobre a súa obra e a súas relacins coas artes visuais. “Perec interesoume especialmente porque a súa figura e escritos trazan un territorio de preocupacins moi parecido ao meu”, recoece o docente, que, nese senso, afonda no libro en cuestins “como a construcin da realidade a través da linguaxe” ou o “acto de camiar” pola cidade. De igual xeito, novela e filme permiten reflexionar sobre “a forma na que se organiza a vida coti nas grandes metrpoles, cunha regulacin dos espazos e do tempo moi intensa” e sobre como esta foi abordada por un autor que “ispe a cidade da súa mascarada social para que vexamos un pouco como funciona”.
Ruiz de Samaniego pon tamén en relacin a obra de Perec coa de escritores como Herman Melville, Franz Kafka, Fernando Pessoa ou Gustave Flauvert, estes últimos, autores que “que xa teen como obxectivo realizar unha novela sobre nada, unha novela sen argumento, que é un pouco tamén o que é Un home que durme”. Igualmente, o libro achéganse tamén aos intereses cinematogrficos de Perec, vez que observa que pode haber de “autobiografa encriptada” nas obras dun autor “obsesionado” coas memoria e o esquecemento despois de que, sendo un neno, súa nai fose asasinada nos campo de exterminio nazi de Auschwitz e seu pai morrese, como combatente do exército francés, na Segunda Guerra Mundial.
