DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

O campus acolle unha mostra sobre estes xoguetes tradicionais

O pen, un mundo de amigos

Est organizada polo Centro de Cultura Popular Xaqun Lorenzo

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • ¶Ù¾±±¹³Ü±ô²µ²¹³¦¾±²Ô
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 14/05/2019

O pen, un mundo de amigos. Con este ttulo preséntase unha exposicin didctica sobre as buxainas organizada polo Centro de Cultura Popular Xaqun Lorenzo e que desde esta semana acolle a Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense. O seu obxectivo é dar a coecer e valorizar este elemento da cultura popular aos futuros e futuras docentes que se forman neste centro.

Situada fronte ao Seminario da Paz, no segundo piso do Edificio de Ferro, a mostra consta de paneis explicativos nos que se ofrece abundante informacin sobre os pens. A través deles o público pode coecer as orixes histricas da buxaina, a súa presencia na antigüidade e nos diferentes pases, a súa evolucin desde a Idade Media ata a actualidade e a súa universalidade. As persoas interesadas tamén poden coecer como se fabrican estes xoguetes, os tipos de pens que hai, as diferentes formas de xogar con eles e ata a súa presenza en Internet. Completando esta mostra, no propio Seminario da Paz hai unha pequena seleccin de pens tradicionais cos as persoas que visitan a mostra poden aprender a xogar.

A iniciativa, que se prolongar ata finais do mes de maio, enmrcase nas actividades que organiza cada ano o Centro de Cultura Popular Xaqun Lorenzo, creado en 2004, e que teen como obxectivo contribur a recuperar, divulgar e revitalizar os xogos populares, neste caso os pens. Como facultade na que se forman futuros profesores e profesoras, transmisores da cultura, desde o Centro de Cultura Popular Xaqun Lorenzo quixeron achegar esta mostra Facultade de Ciencias da Educacin aproveitando ademais o feito de que dous alumnos de Educacin Social do campus estn na actualidade a realizar as súas prcticas na entidade.

Ìý