DUVI

Diario da 鶹

Segundo David Álvarez, tradutor ao galego da popular obra de Astrid Lindgren

O paso dos anos e a correccin poltica foron “edulcorando” a Pippi Medialongas

Afondou, nunha conferencia na Facultade de Filoloxa e Traducin, nas recreacin e censuras das trad

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
D. Besado DUVI 20/03/2019

Rebelde e irreverente. As era Pippi Långstrump, personaxe literaria creada pola escritora sueca Astrid Lindgren en 1945, a inesquecible nena de pencas na cara e trenzas laranxas coa que rapazas e rapaces de todo o mundo viviron aventuras ata convertela en toda unha icona contempornea. O libro, de 1945, foi traducido a mis de 70 idiomas, pero non foi ata 2017 que puido lerse no idioma de Galicia, baixo o ttulo Pippi Mediaslongas, grazas ao traballo de David Álvarez, fillogo e apaixonado da cultura xermnica. Álvarez visitou este mércores a Facultade de Filoloxa e Traducin, convidado por (grupo de investigacin BiFeGa), para impartir a conferencia Dos mares do sur Galicia do século XXI, Recreacin e censura nas traducins de Pippi Mediaslongas, unha intervencin que presentou a profesora Lara Domnguez e na que repasou algunhas das múltiples censuras e curiosidades que experimentou esta obra ao longo dos anos.

Escandalizados polos seus xestos e comentarios, moitos adultos tachrona de mal exemplo para a infancia, pero o éxito desta nena foi imparable: rebelde, transgresora e desclasada, independente, simptica e extrovertida, Pippi rompa cos estereotipos e actuaba de forma contestataria fronte aos maiores. “As súas accins motivadas polo absurdo, a espontaneidade ou a provocacin, evidencian as convencins da escola, da familia e da sociedade da época”, lembran na web de Kalandraka, a editora especializada no público lector infantil que fixo posible este proxecto. 

“As súas novelas foron acusadas de colonialismo”

“As súas novelas foron acusadas en numerosas ocasins de colonialismo”, explicou Álvarez, quen lembrou que o pai de Pippi era o rei dunhas illas dos mares do sur e nas primeiras traducins falbase del como ‘o rei dos negros’. “Houbo moitas versin nas que isto se suavizou ou directamente se eliminou e incluso nas novas edicins suecas isto cambiouse por correccin poltica”, recalca o tradutor, quen lembrou que a palabra negro na Suecia actual ten outra connotacin que non tia nos anos corenta e, ademais, por influencias do inglés, adquiriu un carcter bastante despectivo. “A maiores, hai que pensar na cantidade de minoras e de inmigrantes que hai neste pas nrdico e que fan que, neste sentido, a sensibilidade sexa moito maior”, explicou o tradutor, que fixo fincapé en que todo isto motiva “que siga habendo versins edulcoradas de Pippi”.

Outro tema frecuentemente sometido a censura é a desobediencia de Pippi s normas sociais, que en moitas das versins europeas, xa desde o comezo, se suavizaron e fixeron dela unha figura un pouco mis amable do que era na orixinal. “Pippi desafiaba autoridades moi establecidas nesa época, hai que pensar que estamos falando de plena década de 1940”, recalcou Álvarez.

Durante a súa conferencia, Álvarez afondou non s no mundo da censura, senn tamén no das ‘recreacins’ entendendo por estas o papel do tradutor/a como man coautor no texto meta. “Pippi é  todo un universo de fantasa”, recalcou Álvarez, que apuntou tamén a relevancia de “facer unha traducin independente, non subsidiaria de outras”, en referencia gran cantidade de traducins indirectas que tivo esta obra. “A recreacin é para min ese proceso de creacin e adaptacin túa propia lingua”, explicou o relator.

“Ela era o que se pode chamar unha acrbata lingüstica”

“Desde que comecei a estudar sueco pensei na posibilidade de traducir este libro ao galego e, anos despois, logo dunha estancia al, vinme con forzas de facelo”, explica o tradutor, quen domina o inglés, o alemn e o sueco. A tarefa foi ardua e, neste sentido, destaca como especialmente complicado traer ao galego os xogos de palabras que faca Pippi. “Ela era o que se pode chamar unha acrbata lingüstica, que xoga dunha maneira moi particular coa linguaxe: inventa palabras, usa os dobres sentidos e interpreta de xeito literal moitas cousas que teen outro sentido”, explica o tradutor, que fala tamén da importancia no libro das rimas, as cancins, as referencias culturais... Como exemplos, o tradutor fala, entre outros moitos, do nome da casa na que vive Pippi, que el traduciu como Vilapenela, coa intencin de “reflexar a aliteracin das dúas palabras orixinais que empregou a escritora, anda que ao longo dos anos houbo versins de todo tipo”.