DUVI

Diario da 鶹

O fallo fxose público este martes

A organizacin da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense premia xornalista Ana Roman

O acto de entrega do galardn celebrarase na clausura da Miteu o da 11 de maio

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Premios
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Ourense 30/04/2019

Desde o pasado 25 de abril o teatro é o protagonista da actividade cultural da cidade de Ourense coa celebracin da . Mentres continúa a programacin nos escenarios da cidade, a organizacin da Miteu fixo público este martes que o premio que conceden en cada edicin recaer nesta ocasin na xornalista, escritora e académica Ana Roman.

Segundo explican desde a mostra, o obxectivo deste galardn é distinguir a aquelas persoas que apoian a cultura, a formacin e o teatro. “Ana Roman sempre foi valedora da cultura galega e, desde onde estivo e est, sempre axudou a unha iniciativa como a Miteu. O seu Diario cultural é un exemplo de programa amante e colaborador coa cultura do pas. É unha muller que defende algo tan esencial nunha sociedade democrtica como é a cultura e a liberdade de expresin. De a o noso agradecemento e recoecemento”, indican desde a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.

O premio entregarase o da 11 de maio no Teatro Principal de Ourense na clausura da XXIV Miteu. Neste acto tamén se darn a coecer e entregarn os outros galardns da Miteu, como son o Premio do Xurado e do Espectador Carlos Couceiro e Begoa Muoz e o Premio Mellor Resolucin Técnica Suso Daz.

Segue a programacin

A Miteu est organizada por Sarabela Teatro, dirixida por Fernando Dacosta e conta coa colaboracin da Vicerreitora do Campus de Ourense, o Concello de Ourense, a Deputacin Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia. Nesta edicin son 28 espectculos e 29 as representacins que se celebran en diferentes escenarios da cidade de Ourense, entre elas o campus universitario, e que abranguen teatro de rúa, circo, teatro de actor e actriz, danza e música. Entre os grupos participantes mestúranse grupos profesionais e non profesionais e ademais dunha forte presenza de grupos galegos actúan compaas de Portugal, México, Nicaragua, Costa Rica e Holanda e de comunidades autnomas como Madrid, Catalunya, Murcia, Castilla y Len, Andaluca e Navarra.

Seguindo esta programacin, este martes actúan en Ourense a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, que representar s 20.00 h no Teatro Principal a obra A muller que tia medo e marchou a vivir ao Carrefour, e Armazém Aério con Dance 21+, que levar ao Auditorio, s 21.30 h, o seu espectculo A pele que h en mim.