Sabela Gago ofreceu unha conferencia sobre animacin lectura
O libro infantil, unha ferramenta para facer lectores “voluntarios”
Na súa intervencin falou de como traballar co lbum ilustrado na aula
Como traballar co lbum ilustrado na aula de Educacin Infantil e como converter a nenos e nenas en futuros lectores. Estes dous eixes de accin guiaron este martes unha conferencia que ofreceu na Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense Sabela Gago, pedagoga, actriz, contadora de contacontos e fundadora da campaa de animacin lectura do Concello de Ourense que se desenvolveu durante mis de dúas décadas.
A conferencia estivo organizada polo Departamento de Filoloxa Galega e Latina e levou por ttulo Animacin lectura para a infancia. O seu obxectivo, apuntou Sabela Gago, foi explicarlle aos estudantes presentes “que facer coa literatura infantil na aula”, tocando desde os tipos de libros ata as estratexias para empregalos e salientando a importancia de abranguer no seu uso tanto o antes como o durante como o despois da lectura.
Sabela Gago subliou a necesidade de fomentar nos nenos e nenas “ler simplemente por pracer”. “Ler para buscar adxectivos, ler para fomentar a igualdade, ler para comunicarte, ler para informarte... iso todo sabémolo pero o que a min me importa na animacin lectura é que o neno atope o seu “ler por pracer” pois as vamos a ter un lector para toda a vida. Iso é o difcil de conseguir”, apuntou a pedagoga. Neste senso, recalcou a importancia de que a neno ou neno “sexa lector voluntario”. “Que te lean é unha marabilla, é moi fcil, que se fagan actividades arredor do libro é unha gozada pero a animacin lectura o que pretende é que o neno sexa lector voluntario, que entre toda a gama de ocio que ten ao seu alcance elixa un libro en vez dunha mquina ou da televisin... iso é o auténtico obxectivo da animacin lectura, desde a mia visin subxectiva claro”, afirmou a contadora de contos. Para acadar esta fidelizacin, Sabela Gago destacou como é fundamental que o profesorado lle contaxie a nenos e nenas a paixn pola lectura.
