DUVI

Diario da 鶹

O Teatro Principal acolle desde ata o venres un foro que abriu a sociloga Saskia Sassen

As fronteiras estatais, econmicas e sociais centran a XXXVI Semana Galega de Filosofa

Organizada pola Aula Castelao, coa colaboracin de Vicerreitora e Concello

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Democracia
  • پܱ
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 22/04/2019

Promover unha reflexin sobre o que as fronteiras supoen para a definicin da persoa, sobre as fronteiras como feito socioeconmico, sobre a súa relacin cos estados nacin e abordar as mesmo o fenmeno migratorio constitúen os catro eixos sobre os que se articula o debate da , que este luns celebrou a súa xornada inaugural no Teatro Principal. Organizado pola Aula Castelao de Filosofa, coa colaboracin da Vicerreitora do campus e do Concello, este foro, integrado por 15 conferencias baixo o ttulo de Filosofa e fronteira, abriuse cunha conferencia da sociloga e Premio Prncipe de Asturias Saskia Sassen, quen alertou na súa intervencin da “extrema situacin” que atravesan os inmigrantes nos Estados Unidos durante o goberno de Donald Trump.

Os eixos temticos desta edicin foron presentados pola presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira, no acto de apertura desta semana, no que o vicerreitor do campus, Jorge Soto, salientou a importancia que este foro de debate supn hora de “repensar dalgunha forma moitas das cuestins que hoxe en da nos estn a preocupar nun mundo absolutamente globalizado”. Nun acto que contou coas intervencins do alcalde, Miguel Anxo Fernndez Lores, o deputado delegado da rea de Cultura da Deputacin Provincial, Xosé Leal, e da representante do Colexio de Avogados de Pontevedra Gema Rial, Soto puxo tamén o acento na importancia que ten para a Universidade abordar o concepto de fronteira, “pero vista non s desde o mbito mis exterior e poltico, senn tamén do coecemento, de fronteira interior”, para o que “a filosofa é un vehculo estupendo”, motivo polo que subliou que a institucin académica “seguir durante moitos anos traballando por e para este evento”. Fernndez Lores, pola súa banda, puxo o acento na importancia de promover unha “reflexin profunda e serea” tanto sobre“as fronteiras econmicas e simblicas”, como sobre aquelas “que determina o poder polas armas e polos mercados”, mentres que Leal animou a abordar con “esprito crtico” o “mal uso que se d ao termo fronteira, un uso non integrador”.

Tres bloques, 15 conferencias

Reflexionar respecto de “se pode existir alteridade sen fronteiras”, abordar como as fronteiras “teen mala prensa cando se fala da circulacin do capital, pero non cando impiden a circulacin das persoas”, reflexionar sobre “en que presupostos se fundamentan as concepcins da soberana dos estados nacin occidentais”, tendo en conta que “para que haxa migracin é preciso que haxa fronteiras e estranxeiros”, son algúns dos debates a abordar ao longo desta semana, como lembrou Regueira neste acto inaugural. Debates que se articulan en tres bloques, Pensar a fronteira, A fronteira na Galiza e Retos e trampas na fronteira, integrados cada un deles por cinco relatorios e complementados súa vez. con actividades como a presentacin dun libro do profesor da Universidade de Coimbra Boaventura de Sousa, que ter lugar este mércores 24, s 19.00 horas, na sede da Vicerreitoria do campus.

Boaventura de Sousa ser tamén un das e os 15 conferenciantes desta Semana Galega de Filosofa, na que participarn tamén o profesor da Universidad Autnoma de Puebla John Holloway, o psiquiatra e profesor da Universitat de Barcelona Joseba Achotegui, o profesor senegalés emigrado a Galicia Cheik Faye, o catedrtico emérito da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luis Barreiro ou a antroploga da Universidade Nova de Lisboa Paula Godinho, e que, na tarde do venres, clausurarase coa intervencin do representante da Fronte Polisaria en Alxeria e ex-primeiro ministro da República Árabe Saharau Democrtica Buchraya Hamudi Bayun. 

As “formacins depredadoras” e as migracins

Recoecida en 2013 co Premio Prncipe de  Asturias de Ciencias Sociais, a catedrtica da Universidade de Columbia Saskia Sassen foi a responsable da conferencia de apertura desta Semana Galega de Filosofa, na que puxo en relacins os fenmenos migratorios coas cidades e na que se detivo tamén na situacin que estn a atravesar as persoas que, na fronteira con México, intentan acceder aos Estados Unidos. “É escandaloso o que est pasando”, denunciou Sassen, quen denunciou como baixo a administracin de Trump o trato aos inmigrantes neste pas est a adquirir unha “brutalidade extraordinaria”, con casos como “centos de nenos que foron separados dos seus pais”, o que definiu como unha “monstrosidade”.

As cidades, a inmigracin e os estados, no contexto da economa mundial, constitúen os eixos do labor investigador dunha sociloga orixinaria de Holanda e que no seu da accedeu tamén aos Estados Unidos como unha “inmigrante ilegal”, que nesta conferencia de apertura puxo en relacin a idea das migracins cunha “das formacins depredadoras mis poderosas e complexas, o sector financeiro especulativo”. Nunha conferencia titulada Formacins depredadoras vestidas con traxes de Wall Street e matemtica algortmica, Sassen, cuxos libros foron traducidos a mis de 20 idiomas, alertou de figuras cuxa complexidade “tende a camuflar o seu carcter depredador”, poendo o foco concretamente no sistema financeiro, e en como “ata os instrumentos financeiros mis sofisticados requiren certos pasos elementais e brutais”.