O catedrtico Rafael Valejo catalogou 312 obras realizadas polo artista nesta localidade
Unha exposicin reúne por primeira vez a obra realizada por Carlos Maside en Combarro
Mis dun cento de cadros e debuxos exhbense desde este venres no Museo de Pontevedra
Entre agosto e outubro de 1952, Carlos Maside residiu na vila marieira de Combarro, onde viviu un perodo de intensa actividade creativa no que deu forma a mis de 300 obras, entre cadros, bosquexos e debuxos, dos que mis dun centenar preséntanse conxuntamente, por primeira vez, na exposicin Carlos Maside en Combarro, que este venres se inaugura no Museo de Pontevedra, resultado do traballo catalogacin realizado polo catedrtico de Historia e Institucins Econmicas da 鶹 Rafael Vallejo. Xunto Mara Esther Rodrguez Losada, Vallejo é o comisario dunha exposicin que reúne unha seleccin de obras, bocexos e debuxos xurdidos daqueles tres meses de “febre creadora” e que se ver complementada pola edicin do catlogo que reúne as 312 obras catalogadas deste perodo “especialmente descoecido” da traxectoria “dun dos grandes pintores da Galicia contempornea”, salientou Vallejo.
Ata o 16 de xuo poder visitarse no Sexto Edificio do Museo a exposicin que este xoves Vallejo presentou xunto ao deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey. Unha exposicin que reúne bocexos, debuxos, acuarelas e lenzos nos que o artista retratou a arquitectura, lugares e paisaxes desta vila marieira, as como a súa vida coti, vez que unha serie de retratos das súas xentes. “O que se representa é Combarro, pero Maside est presentando unha época de Galicia, da Galicia popular, modesta, das penurias e da emigracin”, sinalou Vallejo. “Mostra o traballo das mulleres e dos homes cos que al conviviu, ocupouse de mostrar a realidade mis prxima, de non distorsionala”, engadiu Leal, quen salientou a oportunidade que esta exposicin supn hora de coecer “a evolucin do propio Combarro”, mentres que Rey definiu esta mostra como “unha magnfica oportunidade para recuperar a memoria sobre o Combarro de mediados do século pasado a través da lucida mirada de Carlos Maside ao seu patrimonio cultural, as súas xente e formas de vida”.
Un labor iniciado hai mis de 20 anos
Carlos Maside en Combarro, 1952. Bosquexos, debuxos e acuarelas constitúe unha mostra “que posiblemente lle tivese gustado ver” ao propio artista, salientou Vallejo, quen explicou que tanto a mostra como o catlogo que se presentar nos prximos das constitúen o resultado dun “traballo de coecemento desta obra” que iniciou hai mis de dúas décadas. Non en van, s o cadro Peixeira fra exposto en vida polo artista, mentres que a meirande parte das obras non foran expostas previamente. “O traballo desta exposicin fixo posible identificar de forma precisa a obra de Maside en Combarro”, apuntou o profesor da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais do proxecto que acometeu xunto a Rodrguez Losada, “unha das grandes bigrafas” do pintor, e muller dun dos seus sobrios, Xulio Maside, ao que pertencen 276 das obras catalogadas para este proxecto e conservadas na súa meirande parte pola familia do artista. De feito, obras pertencentes s coleccins dos tamén sobrios Rosa Mara Maside e Carlos Maside forman parte tamén dun proxecto que reúne tamén obras pertencentes a coleccins particulares, xunto con 20 obras pertencentes ao Museo Carlos Maside e 17 debuxos recollidos do lbum que Galaxia dedicou ao artista en 1959, tralo seu falecemento.
No seu conxunto, explicou Vallejo, este traballo de catalogacin permitiu reunir 103 pintura e 209 debuxos, “en distinto grao de realizacin”, dos que unha seleccin se presentan nunha exposicin que nese senso ten no seu achegamento “ao proceso de construcin dunha obra un dos seus grandes legados”.
Tres meses de traballo para facer permanente realidade da vila
Durante os tres meses que permaneceu en Combarro que, explicou Vallejo, o artista “traballou da e noite ante o que el consideraba documentos vivos”. Nese senso, Maside comezaba cada xornada no peirao da rúa, a onde chegaba o peixe cada ma e que constitua o “centro sociolxico” desta vila marieira, para a partir de a “seguir a secuencia do da das mulleres, dos homes e dos rapaces e rapazas”, caderno en man, en xornadas que completaba cos retratos que realizaba no “taller improvisado” na casa onde resida. “Maside considera que o reflexo desa realidade en certa forma serve para darlle permanencia no tempo”, sinalou Vallejo duns traballos que enmarca nun momento de “agromar” para un artista represaliado trala Guerra Civil, que “perdeu en 1938 o seu traballo como profesor de instituto” e que tras pasar “uns anos 40 moi difciles”, comezou a protagonizar exposicins na década de 1950. De feito, unha das achegas que completa este proxecto é un “grfico da intensidade meditica de Maside”, que permite observar que tralos “momentos cume” que coinciden cos anos da II República, as referencias ao artista “empezan a desaparecer” coa Guerra Civil para “aflorar” na década de 1950, coa excepcin do propio 1952, “que é un ano que pasa traballando, desaparecido practicamente”, explicou o comisario dunha exposicin que verase complementada tamén pola organizacin de actividades relacionadas con esta no propio Combarro.
