O grupo de teatro do Programa Universitario para Maiores do campus presenta a súa última obra
Despois de todo un curso de traballo... 'Que viva o duque!'
Na actividade contan co apoio de membros de Sarabela
Despois dun curso académico de traballo, Entrebambolinas, o grupo de teatro do Programa Universitario para Maiores do campus de Ourense, presenta ante o público a súa nova obra, titulada Que viva o duque!. Os 14 membros do grupo soben este venres ao escenario co dobre obxectivo cumprido de divertirse e aprender cunha actividade que supn para elas e eles, alleos ao mundo artstico, todo un reto.
A actuacin ter lugar na sala Emilia Pardo Bazn, no soto do Edificio de Ferro, s 20.00 h e é aberta a todas as persoas interesadas. Dirixida ao igual que o grupo por Sabela Gago, a representacin é unha versin libre de Fernando Dacosta da obra Viva el duque nuestro dueo, de J.L. Alonso Santos. Tanto Fernando Dacosta como Sabela Gago participan nesta iniciativa como membros de Sarabela Teatro e das Aulas de Teatro do campus de Ourense. Entrebambolinas, lembra Sabela Gago, “naceu hai catro anos” e o obxectivo para as e os seus participantes “é medrar individualmente e como parte dun colectivo no que é moi importante o traballo en equipo”. “Traballamos todo o curso. Primeiro facemos un traballo mis de preparacin do actor, no que se incide na voz e o corpo, e logo pasamos a montar o que é o espectculo, a obra de teatro”, comenta Gago. Nesta ocasin, indica, optaron por facer unha adaptacin dunha comedia sobre un grupo de cmicos na posguerra que queren actuar na corte, sendo o teatro a súa forma de supervivencia.
Segundo explica Alberto Vaquero, coordinador do Programa Universitario de Maiores no campus de Ourense, o grupo naceu no marco da materia Comunicacin Corporal, impartida por Sabela Gago e na que o alumnado aprende a comprender a importancia que ten o corpo e a voz na comunicacin e adquire principios bsicos da representacin teatral. Entre os beneficios que reporta esta actividade, Alberto Vaquero pon o aceno en aspectos como o adestramento da memoria, da voz e da comunicacin, a mellora da coordinacin de movementos e da autoestima e a potenciacin da socializacin. “Tanto a profesora como actrices e actores son persoas moi esixentes, que ensaian unha e outra vez ata que teen lista a súa actuacin. A súa capacidade de superacin é tal que non podemos senn felicitalos por tanto e tan bo traballo realizado”, apunta o coordinador do programa.
Unha experiencia marabillosa
O reparto de Que viva o duque! est formado por Anuska Silva, Artemia Rodrguez, Ilduara Álvarez, Dictina Fernndez, Candi Rodrguez, Rosa Méndez, Chus Constenla, Josefa Blanco, Pablo Iglesias, Luis Aldemira, Mariem Pena, Melania Blanco, Xn Losada Gonzlez e Inés Miguélez. Trtase, explica Sabela Gago, dun grupo moi implicado na actividade e que cada curso vai evolucionando coa entrada de novos membros e a marcha doutros. “Somos un grupo de xente moi animada, levmonos moi ben”, comenta a actriz do grupo Chus Constenla. Recalcando como “a experiencia é marabillosa”, esta alumna do Programa Universitario para Maiores apunta como leva xa varios anos formando parte deste grupo. O traballo que nel realizan, sinala, ten a súa vertente “difcil”, como superar o medo escénico ou memorizar “a estas idades”, pero, afirma “vmolo levando moi ben e divertmonos moito, que ao fin ao cabo é o importante. Facémolo por puro pracer, non temos outro interese”.
Á hora de afrontar o reto de facer unha obra de teatro para representar ante o público, Chus Constenla tamén pon o aceno no traballo da directora do grupo. “Traballar con Sabela Gago é unha gozada”, afirma. A esta alumna tcalle representar no “grupo faranduleiro de mortos de fame que queremos ir corte da rei” o papel dunha actriz “chosca e un pouco tatexa”. Con algo de nervios porque actuacin vai a asistir a familia, “un público moi esixente”, salienta como a obra est feita para que tanto público como actores se divirtan, animando s persoas interesadas a achegarse representacin.
