DUVI

Diario da 鶹

A Aula D-Ou-Tras inicia a súa actividade formativa

A danza volve ao campus

15 persoas achéganse creacin escénica a través do corpo e do movemento

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 28/10/2019

Entre a lista de obradoiros de extensin universitaria que este mes de outubro arrancaron a súa actividade no campus de Ourense est a Aula de Danza D-Ou-Tras. Nel, 15 persoas de perfs moi diversos introdúcense no mundo da danza contempornea e da creacin escénica fundamentalmente a través do corpo e o movemento.

A aula, que se prolonga desde o 15 de outubro de 2019 ata o 25 de abril de 2020, conta, ao igual que en edicins anteriores, coa direccin da compaa Traspediante e coa docencia da bailarina e directora artstica Nuria Sotelo. Dúas tardes semana, a formacin imprtese na ludoteca do campus de Ourense. O perfil de inscritas e inscritos é, segundo explica a docente, “moi diverso, participando tanto xente universitaria como xente de fra da comunidade universitaria, cun rango de idade e procedencias moi amplo”. Comparten, apunta, o feito de que a maiora entra a formar parte da aula sen coecementos previos e que todas e todos “sempre desexaron bailar e ven nesta aula unha oportunidade para facelo”. Por ser unha actividade que xa ten unha dilatada tradicin no campus, Nuria Sotelo salienta que anda que cada ano se incorpora xente nova aula xa hai “un bo núcleo de persoas que repite de anteriores edicins”.

Da formacin representacin

Segundo explican as súas responsables, en D-Ou-Tras realzase “nun traballo continuo para achegar a danza e o traballo corporal escénico comunidade universitaria e a todas as persoas en xeral”. Esta actividade, comenta Nuria Sotelo, ten dúas fases, unha antes do Nadal e outra despois del. Na primeira parte, actualmente en desenvolvemento, a docente detalla como realizan “un achegamento, ou continuacin, xa que hai moita xente que continúa de anos anteriores, danza contempornea desde un lugar de investigacin do propio movemento”. As, explica, “mis que cuestins coreogrficas de copia de formas, o que facemos é investigar cales son os motores do movemento e como fisicamente, en relacin s leis da fsica (como a gravidade), como chegamos a compor o movemento, pero non desde a forma, que aparece despois”. Tamén, engade a bailarina, traballan “coa composicin espacial, que non deixa de ser composicin coreogrfica” e coas “capacidades fsicas, para poder ter un corpo dispoible, coa forza, elasticidade e axilidade”.  

Ao tratarse dun traballo colectivo e escénico, boa parte da actividade da aula desenvlvese nas sesins formativas que se celebran semanalmente, pero outra gran parte, indican desde a súa organizacin, desenvlvese na participacin en encontros de danza durante o mes de abril. As, na segunda fase da aula, tralas vacacins do Nadal, as e os participantes fan unha creacin na que participan as persoas que as o desexan e que logo se representa na Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, nunha xornada que hai especfica de danza, e noutros festivais universitarios galegos. “Unha vez que se pasa por primeira vez esa vergoa ou pudor de actuar ante o público sempre repiten xa que é unha experiencia moi bonita e créase moita complicidade entre o grupo, apianse moito”, comenta por último Nuria Sotelo.