A lusofona é o eixo do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia
Un congreso analiza o papel de Galicia nunha comunidade de 260 millns de persoas
O evento reúne en Pontevedra a especialistas de Portugal, Brasil, Cabo Verde ou Timor Leste
Mis de 260 millns de persoas, o 3,8 da poboacin mundial, teen no portugués a súa lingua materna ou oficial, cifra que prevese que poida alcanzar os 355 millns en 2050. Analizar o papel que Galicia pode xogar no espazo da lusofona é o propsito central do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, que a Área de Ciencia Poltica e da Administracin-Observatorio da Gobernanza G3 da 鶹 promove xunto co Instituto Galego de Anlise e Documentacin Internacional (Igadi). Baixo o ttulo de Galicia e a lusofona diante dos desafos globais, o congreso, que conta co apoio do Concello de Pontevedra, Xunta de Galicia e Deputacin de Pontevedra, reúne na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin a especialistas de Galicia, Portugal, Brasil, Cabo Verde e Timor Leste co propsito de abordar o papel de Galicia no mundo lusfono desde as pticas poltica, econmica, sociocultural e xeopoltica.
“Ns miramos lusofona como unha fonte de colaboracin”, salientou o reitor da 鶹, Manuel Reigosa, do congreso que, con 16 conferenciantes e mis de 60 inscritos e inscritas, se desenvolve nas xornadas de mércores e xoves no campus pontevedrés. Na súa inauguracin, Reigosa reivindicou a aposta da institucin académica polo idioma galego, entre outros factores, “porque pensamos que podemos mellorar moito as condicins de vida dos cidadns aproveitando os espazos de oportunidade que se xeran dentro da lusofona”. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores, incidiu neste acto na importancia de “seguir fortalecendo a relacin entre Galicia e o norte de Portugal”, mentres que o decano de CCSS e da Comunicacin, Xosé Baamonde, puxo o acento na necesidade de defender o galego para que Galicia “mantea unha voz propia neste mundo global”, tendo en conta “a posibilidade que ofrece de dialogar con toda a lusofona”.
A importancia da cooperacin e das relacins comerciais
O director do Igadi, Daniel Gonzlez Palau, codirector do congreso xunto aos profesores Álvaro Xosé Lpez Mira e Celso Cancela, foi o responsable de abrir un acto que tamén puxo o foco na importancia das relacins entre Galicia e Portugal. “Galicia representa para Portugal o seu maior comprador”, mentres Portugal é o segundo destino mis importante para as exportacins galegas, apuntou o vice-cnsul de Portugal en Vigo, Manuel Correia, para quen a “relacin histrica, cultural e lingüstica” entre os dous territorios “ten facilitado moito os investimentos econmicos”. As mesmo, o subdirector xeral de Accin Exterior e Cooperacin Transfronteiriza da Xunta e director da Asociacin Europea de Cooperacin Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, puxo o foco na importancia da colaboracin entre dúas rexins, que impulsaron na década de 1990 a primeira comunidade de traballo da pennsula e, posteriormente, a primeira asociacin de cooperacin territorial da pennsula e a terceira de Europa.
O terceiro idioma mis usado en Facebook e Twitter
Defender a importancia da lingua portuguesa como un “valor global” foi o obxecto central da conferencia coa que a directora do Centro de Lingua Portuguesa do Instituto Camoes en Madrid, Filipa Soares, abriu este congreso. “Falamos dunha lingua que é patrimonio de moita xente, unha lingua pluricontinental”, salientou Soares, que apuntou que se ben na actualidade preto de 260 millns de persoas teen no portugués a súa lingua materna ou oficial, as previsins apunta que a cifra pode situarse nos 355 millns en 2050 e chegar aos 520 millns no 2100. Os pases de lingua portuguesa, engadiu, representan, “’o 4% da riqueza mundial”, figurando entre eles estados como Brasil, Mozambique e Angola que son tamén algúns dos pases con maiores recursos en materia de hidrocarburos, ademais de acumular no seu conxunto o 16% das reservas de auga doce do mundo”.
Con estes datos, Soares buscaba pr de relevo a importancia dunha comunidade articulada en torno “ao cuarto idioma mis falado no mundo actualmente” e que é figura tamén, sinalou, entre “as cinco linguas mis utilizadas en internet”. Soares sinalou tamén que se trata do terceiro idioma con maior presenza nas redes sociais Facebook e Twitter co propsito de pr de relevo o “que o portugués pode significar para a formacin de cidadns do mundo de hoxe”, no que “a aprendizaxe dos idiomas é unha plusvala”, motivo polo que incidiu en como a “proximidade lingüstica” co galego pode levar autonoma a xogar “un papel importante” no contexto da lusofona.
A poltica abre unha serie de catro mesas de debate
Representantes dos catro grupos presentes no Parlamento de Galicia protagonizaron esta tarde a primeira das catro mesas de debate que articulan este congreso, que pode seguirse en directo a través de . Moderada por Celso Cancela, esta sesin poltica contou coa participacin dos deputados César Fernndez (PPdeG), Lus Villares (En Marea), Concepcin Burgo (PSdeG-PSOE) e Olalla Rodil (BNG).
Na xornada do xoves, o congreso continuar cunha sesin econmica, na que participan Hakan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega; Luz Castro, de Imaxin Software, e o analista brasileiro Wesley S Teles Guerra, fundador do Centro de Estudos das Relações Internacionais. A continuacin ter lugar a sesin sociocultural, na que intervirn Luzia Oca, da Universidade de Trs-os-Montes e Alto Douro, o avogado e escritor caboverdiano Germano Almeida, Premio Camões de novela en 2018, e o investigador da USC e ex-presidente da Associação Internacional de Lusitanistas Elas Torres. Pola tarde, esta abordaxe do papel de Galicia no mundo lusfono completarase coa sesin xeopoltica, coa presenza do investigador da Universidade do Porto João Casqueira, a investigadora da Universidade Nova de Lisboa Mara Sousa Galito e o escritor de Timor Leste Luis Cardoso. O congreso pecharase coa conferencia A Lei Paz Andrade como modelo de cooperacin de integracin europea, a cargo do empresario Xosé Carlos Morell, responsable de iniciativa cidad que, hai cinco anos, deu lugar a esta lei autonmica.
