Cada mes 15 persoas comparten a súa visin de obras escollidas
O club de lectura do campus afronta o seu segundo ano de actividade cun grupo xa consolidado
A súa sede est na Biblioteca Rosala de Castro
O pasado curso académico botou a andar na Biblioteca Rosala de Castro o primeiro club de lectura do campus de Ourense. A iniciativa afronta agora o seu segundo ano de actividade cun grupo consolidado de 15 lectoras e lectores fieis que cada mes se reúnen para compartir a súa visin de obras escollidas. “A resposta que tivo a iniciativa foi moi boa, incluso mellor do que agardabamos”, comentan as responsables da iniciativa, que son Mercedes Pérez, técnica da Biblioteca Rosala de Castro, e Alba Gonzlez e Uxa Veloso, alumnas do Grao en Educacin Infantil da Facultade de Ciencias da Educacin.
O club universitario deu os seus primeiros pasos a finais de outubro de 2018 co nome de A Comarca, tomando a denominacin das novelas O hobbit e O seor dos aneis, de Tolkien, e a proposta das alumnas promotoras, amantes da literatura de ciencia ficcin. A iniciativa, lembran, xurdiu entn coa idea de “converterse nun lugar de encontro” no que amantes da lectura puidesen gozar co intercambio de opinins e ideas sobre obras literarias. “Cando empezamos agardabamos que o club estivese formado por un número moi reducido de xente pero somos xa un grupo de 15 persoas moi participativas, enchendo cada mércores que nos reunimos a sala de xuntas da biblioteca”, comentan desde a organizacin da actividade.
Trtase, apuntan as responsables do club, “dun grupo moi estable, que participa en todas as sesins, moi fidelizado, e que incluso trae novos membros ao club”. O perfil de participantes, indican, “é moi diverso”, habendo membros da comunidade universitaria, desde alumnado de grao a estudantes do Programa Universitario de Maiores, ata egresadas e egresados e algún usuario habitual da biblioteca universitaria. A pesar de ser un grupo xa consolidado, desde a súa organizacin sinalan que “sempre é interesante que vea xente nova pois por motivos de traballo ou de fin de estudos no campus de vez en cando hai algunha baixa”, animando s persoas interesadas a achegarse a algunha das sesins.
Motivacins e dinmicas
Sobre os motivos que levan xente a participar no club de lectura A Comarca, as súas promotoras comentan varios. Por unha banda, apuntan, “temos xente que estuda en centros como Ciencias ou Enxeara Informtica e que como todo o que len é material técnico ou relacionado coa súa materia, o que queren é ler cousas diferentes”. Por outra banda, recalcan, “ xente gústalle contrastar a lectura, comentar e argumentar sobre os libros que len e aqu teen un espazo moi bo para facelo”. Outros alicientes, engaden, son a oportunidade que d esta iniciativa de compartir con outros amantes da lectura recomendacins de obras e mesmo o feito de achegarse a estilos literarios fra do que unha persoa soe ler. “Ns procuramos combinar estilos totalmente diferentes, desde clsicos a literatura actual en galego e casteln, intentamos abranguer un espectro amplo”, sublian desde a actividade.
A dinmica de funcionamento do club marca que un mércores ao mes reúnense, de 18.30 a 20.30 h aproximadamente, as e os participantes na sala de xuntas da Biblioteca Rosala de Castro, elixindo o da en funcin do calendario académico. Na reunin coméntase detalladamente a lectura do libro entregado na anterior sesin e recllese o seguinte libro que se ler. A cada membro do club se lle entrega en empréstamo un exemplar do libro escollido pola organizacin, sendo os fondos proporcionados polo servizo para clubs de lectura da Biblioteca de Galicia. “A eleccin é sempre sorpresa para os participantes”, indican desde o club. Ademais do exemplar, entrégaselle a cada lector e lectora unha folla informativa sobre a súa autora, que material hai dese autor o autora na biblioteca, etc. A primeira sesin de 2020 est previsto que sexa o mércores 22 de xaneiro e que nela se comenten os cmics lidos neste Nadal polos membros do club.
