A idea do poder centrou un seminario en CCSS e da Comunicacin do profesor John Holloway
Cambiar o mundo desde as relacins persoais
O docente compartiu coloquio con investigadores do Observatorio da Gobernanza
“Moitas veces, nas discusins sobre o que est pasando, sobre as posibilidades de cambio, todo se enfoca nos estados e se queremos pensar no poder, realmente non hai que empezar polos estados, hai que empezar polas relacins sociais, co feito, sobre todo, de que as relacins sociais estn mediadas polo dieiro”. Deste xeito introduca o profesor da Universidad Autnoma de Puebla mexicana John Holloway a reflexin sobre a idea do poder que este xoves centrou un seminario con investigadores da Área de Ciencia Poltica e da Administracin-Observatorio da Gobernanza G3 celebrado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin. Froito da colaboracin entre da Universidade e a Semana Galega de Filosofa, na que Holloway impartiu este martes unha conferencia, este avogado e doutor en Ciencias Polticas natural de Dubln puxo o foco neste seminario na importancia de vincular a idea de poder co dieiro e defendeu que cambiar o mundo pasa por “desmercantilizar” as relacins entre as persoas, “construndo outras formas de facer as cousas”.
O investigador Enrique Varela foi o encargado de introducir a Holloway, autor de libros publicados en mis de dez idiomas, nunha actividade dirixida a debater sobre “o poder social, poltico e administrativo en América Latina e no mundo”, promovendo un espazo “unha reflexin aberta e colaborativa”, que tivo como punto de partida a diferencia “entre o poder facer e o poder sobre” que Holloway abordaba no seu libro Cambiar el mundo sin tomar el poder (2002). “Cando se fala poder en departamentos de socioloxa, non se fala de dieiro e cando se fala de dieiro en departamentos de economa, non se fala de poder”, apuntou Holloway nun coloquio no que puxo o foco nesa “abstraccin da cuestin do dieiro, cando sabemos que realmente é un poder presente todo o tempo nas nosas vidas, que vai estruturando o que facemos”. Nese senso, o investigador, que foi tamén profesor no Departamento de Poltica da Universidade de Edimburgo, defendeu que “se queremos cambiar o mundo, en lugar de enfocarnos no estado, en tomar o poder estatal, temos que facelo mis ben nas relacins entre a xente, nas relacins cotis”.
Un punto de partida cotin
“Se tomamos o control do estado e anda estamos no mundo do capital, realmente desde o estado non se pode facer gran cousa, xa que depende dos seus ingresos, da súa capacidade de promover a acumulacin do capital”, sostivo Holloway, para quen o punto de partida para “cambiar o mundo” pasa por distanciar a idea do dieiro das relacins persoais, “o que pode parecer unha tolemia, pero que realmente é algo que todos tratamos de facer ata certa medida na nosa vida coti”. Nese senso, o profesor aludiu s relacins de parella ou as relacins coas amizades, que “un nunca quere que se vexa afectada demasiado polo dieiro”, como exemplos dun intento de crear “un espazo desmonetizado na medida do posible”, que súa vez constitúe o punto de partida dalgo que “mis e mis xente est tratando de facer por decisin consciente ou simplemente por necesidade, construndo outras formas de vivir e outras formas de decidir”. Trtase, explicou, de accins froito tanto de “decisins individuais e colectivas”, como de “movementos moito mis grandes” que tratan de “construr outras relacins nos seus territorios”, aspecto no que fixo referencia a “dous exemplos obvios que seran os zapatistas en México e o movemento kurdo”.
Con esa reflexin sobre o poder como punto de partida, o seminario abordou tamén unha “reflexin sobre as propias institucins”, includa universitaria, como apuntou Varela, quen incidiu na necesidade de “recuperar espazos individuais e colectivos para tratar de sar desta crise sistémica na que estamos instalados”, unha crise que ao seu xuzo ten un carcter institucional. “A conclusin lévanos a facer unha crtica, obviamente académica, pero unha crtica do momento no que vivimos, e no que hai que debater sobre as estruturas, os procesos e o noso papel como individuos responsables”, engadiu Varela, quen, por outra banda, na tarde deste mércores encargbase de introducir ao catedrtico da Universidade de Combra Boaventura de Sousa Santos, na presentacin do seu libro Aprendizaxes globais descolonizar, desmercantilizar e despatriarcalizar desde epistemoloxas do Sur, que tivo lugar na sede da Vicerreitora do campus, tamén dentro das actividades da XXXVI Semana Galega de Filosofa.
A revolucin portuguesa e a transicin espaola
A Área de Ciencia Poltica e da Administracin-Observatorio da Gobernanza é as mesmo responsable da mesa redonda que o vindeiro luns, s 20.00 horas, abordar na sede da Vicerreitora a influencia da Revolucin dos Caraveis portuguesa, que se conmemora este 25 de abril, coa Transicin espaola. Coordinado polo profesor Álvaro Xosé Lpez Mira, este coloquio aberto ao público contar coa participacin do almirante portugués retirado Martins Guerreiro, que como membro do Movemento das Forzas Armadas (MFA) tomou parte activa na revolucin portuguesa de 1974, e o coronel retirado do exército espaol Xosé Fortes, quen foi un dos fundadores da Unin Militar Democrtica.
