DUVI

Diario da 鶹

O campus de Ourense acolleu os III Encontros 'A educacin dende o compromiso co territorio'

Buscando ideas para transformar as urbes en cidades educadoras

A cita centrouse no exemplo de Pontevedra

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • پܱ
  • é
Rosa Tedn DUVI Ourense 04/04/2019

Arredor de 300 persoas déronse cita este xoves no campus de Ourense para participar nos III Encontros sobre A educacin dende o compromiso co territorio. Se na súa primeira edicin a temtica elixida foi o exemplo da vila de Óbidos, en Portugal, e na segunda o traballo dos centros de desenvolvemento rural nesta terceira edicin o foco trasladouse s urbes, facendo un achegamento a Pontevedra como exemplo de cidade educadora tanto da man das súas institucins como de axentes sociais.  

Os encontros, que estn organizados pola Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense e o CIFP Portovello, da mesma cidade, tiveron un anticipo o pasado 28 de marzo cunha conferencia de Jaume Trilla, que presentou o seu último libro La moda reaccionaria en educacin, e este xoves celebraron no campus de Ourense a súa actividade principal, as xornadas de encontro. Esta sesin foi deseada, segundo explicaron os seus responsables, para coecer a transformacin de Pontevedra tanto desde “o punto de vista de quen tivo a idea como de quen a vive no da a da”. As, a actividade contou cunha intervencin de Miguel Anxo Fernndez Lores, alcalde de Pontevedra, e cunha mesa redonda na que distintos colectivos desa cidade explicaron a súa vivencia do modelo creado.

վԲ

Durante a súa intervencin Fernndez Lores explicou o modelo de cidade desenvolvido en Pontevedra baixo o seu mandato co obxectivo de “intentar facer unha cidade para os seus habitantes, non para os coches” e coa idea de que o “o que fixemos é aplicable a moitas cousas”. Aclarando que “non se trata de dar leccins” xa que, advertiu, cada cidade ten as súas propias caractersticas, o alcalde de Pontevedra detallou ao público presente, maioritariamente alumnado e profesionais do eido da educacin e a educacin social, as iniciativas levadas a cabo. Nunha aposta por unha “cidade plana e compacta” na que o cidadn tea o que precisa para a súa vida nun radio de 15 minutos, Miguel Anxo Fernndez indicou como o enfoque adoptado foi o de “mellorar o espazo público”, que considera como un dereito, ante a imposibilidade de mellorar o trfico.

Xa na mesa redonda estiveron, entre outras persoas, David Villaverde, director do centro de da Amencer Aspace de Campolongo; José Antonio Caballero, da Anpa Campolongo; Mara Pierres, arquitecta especialista en igualdade; e José Ángel Abraldes, director do centro de recursos educativos da Once. Este último explicou que tendo en contas as necesidades das persoas con discapacidade visual “Pontevedra é unha cidade exemplar na accesibilidade”. Neste senso recalcou como “ns contribumos a que sexa cada vez mis exemplar, potenciando as cousas que se fan ben e axudando a mellorar o que non funciona”, salientando a importancia da implicacin dos colectivos afectados neste proceso e como “quedan moitas cousas nas que traballar”. Pola súa banda, David Villaverde falou das vantaxes de mobilidade no centro da cidade de Pontevedra para as persoas con mobilidade reducida grazas a modificacins en temas como a amplitude das beirarrúas, o control da velocidade e o incremento das rúas peons, recoecendo porén que “as vantaxes que teen para ns poden ser inconvintes para outros colectivos”.

José Antonio Caballero explicou súa vez “a influencia que ten no modo de vivir das familias e do colexio” o cambio de modelo de cidade. As, describiu como se familias e colexios doutras cidades estn "mis centradas en resolver problemas de transporte e desprazamentos" os problemas destes colectivos en Pontevedra son diferentes, podendo atender temas de limpeza, reciclaxe ou medio ambiente. “Hai problemas pero son diferentes”, dixo, facendo fincapé en “anda hai moitas cousas que seguir mellorando”. Por último, Mara Pierres, ofreceu unha visin do urbanismo con perspectiva de xénero. “A perspectiva de xénero é unha cuestin que se ten que ir traballando co paso do tempo, da a da. Hai moitas reas da cidade que aplicando estes conceptos poden sen dúbida mellorar. As cidades foron pensadas por homes para homes e teen que pensarse para todas e todos”, dixo antes da súa intervencin.  

A importancia da educacin

Alén do modelo de Pontevedra, na inauguracin da cita, Mar Garca, decana de Ciencias da Educacin, salientou a necesidade de “contribur entre todas e todos ao bo desenvolvemento das cidades” facendo fincapé no protagonismo da educacin nese proceso. Nese camio, Eva Álvarez, subdirectora do CIFP Portovello, subliou como estes encontros “son un espazo para escoitar, conversar, aprender, para coecer outras maneiras de facer as cousas, un espazo para a educacin”. Pola súa banda, Manuel Doval, deputado de Cultura de Ourense, recalcou a importancia de, con iniciativas coma esta cita, “ser capaces de buscar puntos de encontro en sociedades tan complexas”.

Xosé Manuel Cid, coordinador dos encontros por parte da Facultade de Ciencias da Educacin, puxo o aceno na relevancia das cidades educadoras. “Hai que pensar as cidades para as persoas, para os diferentes colectivos que habitan nela. Moitas veces iso non xera mis costes senn que se trata de mirar as cousas cunha perspectiva diferente e deixarse asesorar polas persoas que viven a cidade”. Sumndose a estas consideracins, Xesús Fortes, coordinador por parte do CIFP Portovello, salientou como escolleron Pontevedra polos seus vencellos con Tonucci, co concepto de cidades dos nenos, e co obxectivo de “ver como a transformacin da cidade, facéndolle fronte ao trfico rodado e pensando nas persoas que poden ter diversidades, vai facendo unha cidade mis rica, no senso de que a xente convive mis”.

A programacin destes encontros pecharase o da 8 de abril cunha visita a Pontevedra na que participar tamén alumnado de primeiro curso do Grao en Educacin Social do campus de Ourense. Trala recepcin no concello, as e os participantes realizarn un percorrido guiado pola cidade e desenvolvern diferentes actividades lúdicas guiados por alumnado e profesorado do CIFP A Xunqueira.