DUVI

Diario da 鶹

Yolanda Herranz inaugura no MARCO unha mostra na que xoga coa forza dos conceptos

'...No, aún no...', identidade e uso da palabra no centro da creacin artstica

A catedrtica da 鶹 incorpora a frase por vez primeira na súa traxectoriaartstica

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
Mª del Camen Echevarra DUVI 06/03/2020

Unha seleccin de obras nas que Yolanda Herranz xoga co sentido e a forza dos conceptos, convertendo a palabra en dimensin e enerxa artstica conforman ... No, aún no …, a exposicin que desde hoxe se pode visitar na sala de proxectos do Museo de Arte Contempornea de Vigo, MARCO. “As dúas salas, que son moi distintas, porque realmente o son, teen un fo condutor fundalmente en canto aos conceptos ou aos problemas, porque tratan da identidade. A primeira sala é un traballo no que me proxecto mis no social e a segunda sala é unha mirada mis interior, pero en todos o casos a identidade é o centro”, explicou este medioda a catedrtica da 鶹 no acto de presentacin da súa obra, no que estivo acompaada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero; o director do MARCO, Miguel Fernndez-Cid e o vicepresidente do padroado do Museo, Abel Losada.

Xunto identidade, Herranz destacou que hai outro elemento que une as dúas salas que conforman a mostra e que é o uso da palabra, material artstico co que traballa hai mis de tres décadas. Non obstante, nesta mostra, hai un trazo diferenciador respecto da traxectoria da artista e é a existencia de frases. “Non traballo as. O traballo anterior céntrase na palabra como concepto, polo tanto moitas veces son termos que se enfrentan en si memos ou en dualidades, s veces irresolubles ou absolutamente antagnicos. Pero neste caso non, é un espazo que xorde dunha mirada distinta cara s cousas, desde unha experiencia personal, que neste caso é unha experiencia dura, que pero que tamén deu ttulo ao proxecto, A arte sanda, A arte cura”, explica Herranz, en alusin arte como unha va de superacin.

Precisamente ao uso da palabra como fo argumental referuse o director do MARCO na súa presentacin, na que tamén apuntou que considera como unha peculiaridade da catedrtica de Escultura da Facultade de Belas Artes, “que en lugar de ir ao lado mis poltico, accin directa, ten un punto poético, porque as súas propostas pasan pola emocin persoal”. Pola súa banda, o alcalde de Vigo destacou a capacidade da artista de ligar palabra e imaxe, asegurando que “é unha soberbia mostra de entender a identidade humana”.

A mostra, que se poder visitar ata o vindeiro 14 de xuo, est comisariada polo director do MARCO e por Pilar Souto Soto.

Un percorrido pola mostra

A serie El m y el tú, do seu proxecto Distancias y abismos (2004-7) marca o inicio da mostra, da rotundidade da mensaxe a unha refinada claridade visual e no que o xeito de resolver a obra ten algo de baixorrelevo, de relato obxectivo. Xunto a ela, a versin XVI de ٱپDz(proxecto aberto en 2003) evoca ausencias e reclama presenzas: a idea dos pasos perdidos, do camiar errante, da busca de destino, da soidade no grupo... da identidade.

A exposicin prosegue con obras producidas para esta mostra: SOMOS mujeres y ESTAMOS aqu parte dunha accin do mesmo ttulo (realizada en 2015) na que se recitan dúas series de 690 palabras que empezan por 'a', en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do dicionario de RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres. En vez de documentar a accin con fotografas, Yolanda Herranz prolngaa levando a palabra parede, en vinilo vermello sangue, como conxunto e na súa disposicin ten algo de manifesto, e é natural recibila como o paso do individual ao ton coral. Un labirinto de texto en vinilo ouro, ...No, aún no..., atrapa a mirada do espectador na súa lectura infinita, modular, reiterada, a xeito de voz que se confunde e multiplica nos seus ecos.

Esta obra d paso ao traballo mis novidoso.Yolanda Herranz céntrase na identidade persoal, cunha obra poética,ntima, drstica, unindo textos e unha serie de once autorretratos indagatorios. Fronte ao retrato como a mirada recoecida e compracente dooutro, o autorretrato como pregunta inqueda, mirada tensa, interior e se un intenta perdurar no tempo o outro pregunta pola perda do presente e cuestiona ou afirma a identidade. El arte sana / El arte cura (Autorretratos) é a resposta da artista a unha situacin persoal de extremo desacougo, cando percibe que o que quere desaparece e a arte sérvelle para formular preguntas que lle permiten entender ou polo menos convivir con esa realidade esquiva.