DUVI

Diario da 鶹

Nunha charla informativa celebrada este xoves

Alumnado de Ciencias da Educacin comeza a familiarizarse coas oposicins ao ensino público

Membros de CSIF foron os encargados de explicar as caractersticas destas probas

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Visitas
  • é
Rosa Tedn DUVI Ourense 09/05/2019

A Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense acolleu este xoves unha charla informativa sobre o acceso ao ensino público. Membros da rama de ensino de CSIF, Central Sindical Independente e de Funcionarios, achegronse ao centro para explicar en detalle ao alumnado dos graos de Educacin Infantil e Primaria todas as claves que tern que ter en conta cando nun futuro non moi afastado se convertan en opositores ou opositoras ao ensino público.

Gabriel Prada e José Carlos Fernndez arrancaron a súa charla explicando o proceso das oposicins para ser mestra ou mestre, desde a normativa, o sistema de matrcula e as fases de concurso ata os temarios, probas prcticas e programacin didctica. Tamén detallaron ao alumnado presente como conseguir puntos para o baremo de méritos, os diferentes tipos de contratos que poden ter e as caractersticas das listas de substitucin e as de contratacin.

Convocatoria de prazas “aceptable”

“O obxectivo desta charla é informar aos alumnos, que moitas veces andan algo perdidos, sobre as posibilidades de acceso funcin pública que teen a través das diferentes oposicins”, comentou Gabriel Prada antes da realizacin da actividade. Lembrando como a oposicin é a principal sada profesional para o alumnado de Educacin Infantil e Primaria, Prada salientou como “nos últimos anos, debido a que a Comunidade Europea esixe baixar a taxa de interinidade, est habendo todos os anos unha oferta de prazas na comunidade autnoma de Galicia bastante aceptable”.

Anda que o alumando presente no acto celebrado este xoves non se pode presentar convocatoria de 2019, que se celebra en xuo, na charla animouse aos estudantes presentes a ir “madurando” esta idea. Entre os datos para afrontar con ganas a preparacin das oposicins, Gabriel Prada lembrou como nun estudo feito polo seu sindicato o pasado ano sobre as persoas que aprobaron as oposicins de mestre, os resultados indican que un terzo foron interinos, un terzo substitutos e outro terzo persoas que se presentaron por primeira vez oposicin na fase de concurso. “É como todo, uns aprobarn primeira, outros segunda, outros terceira... o importante é ir entrando porque estamos falando dun traballo estable para toda a vida facendo aquelo para o que estudantes”, indicou.