DUVI

Diario da 鶹

O Homeward Bound Program formar ata 2026 un millar de mulleres de todo o mundo

Alba Aguin, primeira galega nunha rede internacional de cientficas que aspiran a liderar as decisins sobre o futuro do planeta

A biloga viaxar coas outras 79 seleccionadas Antrtida en novembro de 2020

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • Internacional
  • Medio Ambiente
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra DUVI 01/10/2019

Co obxectivo de constitur unha rede internacional de 1000 mulleres formadas en diversos mbitos cientficos, que poidan liderar e influr na toma de decisins que afectan ao planeta, arrancaba no ano 2016 en Australia o programa. Ata o ano 2026 esta iniciativa, que permitir poer en valor e visibilizar o papel das cientficas, seleccionar cada ano entre 70 e 90 mulleres s que ofrecer un programa de formacin en liderado no que traballarn diversas habilidades relacionadas coa xestin de equipos, relacins internacionais ou comunicacin, ademais da oportunidade de participar nunha viaxe conxunta, que nesta edicin ser Antrtida.

A docente e investigadora de Future Oceans Lab da 鶹 acaba de converterse na primeira cientfica galega en ser seleccionada para a quinta edicin do proxecto, ao que presentou a súa candidatura, e que considera “unha oportunidade única de mellorar as mias capacidades de liderado da man de expertas e expertos mundiais e de contactar con outras cientficas, co interese de loitar por un mundo mis sostible e libre de estereotipos de xénero”, explica a biloga, que se atopa en EEUU realizando unha estada. Aguin considera “un orgullo” ser a primeira galega en participar neste programa internacional, que compatibilizar coa elaboracin da súa tese de doutoramento sobre a adaptacin da pesca artesanal aos impactos do cambio climtico, cuestin sobre a que o programa tamén ofrece unha ampla formacin.

11 meses de formacin que rematarn cunha viaxe Antrtida

O programa deste ano arrancar oficialmente o vindeiro de mes de novembro e prolongarase durante 11 meses, ao longo dos que as participantes, entre elas cinco cientficas espaolas, tern reunins individuais e en grupo para traballar habilidades de liderado, xestin e equipo, comunicacin e relacins internacionais. “Ademais recibiremos formacin en cambio climtico e igualdade de xénero”, explica Alba, que se amosa especialmente ilusionada coa viaxe que a finais do ano 2020 realizarn as 75 seleccionadas desta edicin Antrtida, onde ademais tern ocasin de coecerse persoalmente e descubrir “in situ” investigacins pioneiras en cambio climtico.

“A Antrtida ten zonas que rexistraron algún dos maiores aumentos de temperatura dos derradeiros 50 anos no planeta (Pennsula Antrtida). É unha oportunidade única para ver de primeira man os efectos do cambio climtico nun lugar especialmente vulnerable e moi importante para o planeta, xa que o avance e o retroceso dos xeos no continente ten influencia a nivel planetario”, detalla a investigadora. Alba Aguin, que xa participara durante o seu mestrado nunha expedicin ao Ártico para estudar as bacterias e arqueas dos glaciares, ter agora a oportunidade de completa a súa formacin viaxando ao outro extremo do mundo. “Agardo traer novas historias que contar ao alumnado e aos adultos nas mias visitas a colexios e museos”, destaca a biloga, que na súa faceta como divulgadora cientfica, gaou no ano 2016 o certame , o maior concurso internacional de monlogos cientficos, cunha peza titulada La inteligencia del hormiguero.

Poden as nenas aspirar a carreiras sen mulleres nas que inspirarse?

A investigadora do CIM-鶹 destaca, ademais da posibilidade que lle ofrece este programa de establecer relacin con outras mulleres cientficas, a de establecer futuras colaboracins, tanto cientficas, como en proxectos de divulgacin, que lle dean visibilidade figura da muller na ciencia. “Antes de comezar o doutoramento en Vigo, traballei en Reino Unido cunha empresa chamada Education Through Expeditions, coa que visitaba centros escolares nos que falaba da mia investigacin no Ártico. O da anterior s mias visitas as nenas e nenos debuxaban o cientfico que an coecer e despois de visitar mis de 50 centros, en moi contadas ocasins debuxaron unha muller. Isto plantea unha pregunta: poden as nenas aspirar a carreiras profesionais sen mulleres nas que inspirarse? Eu creo que non e é por iso que é tan importante visibilizar o papel da muller lonxe do rol tradicional”, afirma Aguin.

A biloga da 鶹 est a facer o seu doutoramento dentro do proxecto CLOCK (Adaptation Solutions for Climate Change Impacts Fisheries) e PERCEBES ( Tools for the transition to spatial management of coastal: the stalked barnacle fishery in SW Europe) e asegura ter “un especial interese en entender como afectar o cambio climtico ao percebe, que serve como caso de estudo de animais que non poden escapar coa subida das temperaturas, e sobre o que existe unha especial importancia de axeitar a extraccin dos mesmos aos efectos que estn por chegar”, explica.

Ademais dunha pxina web sobre a súa participacin no proxecto, Alba Aguin dispn doutra web destinada a recadar doazns coas que abonar o prezo da súa participacin no proxecto, uns 33.000 dlares americanos “dos que xa estou becada ao 50% polo propio programa. A outra metade, mis uns 3000 dlares de gastos da expedicin, é a parte que recadarei cos patrocinadores e facendo eventos de divulgacin de ciencia e a través de crowdfunding”, detalla a cientfica.