DUVI

Diario da 鶹

Investigadoras da 鶹 participan nun proxecto sobre desigualdade, segregacin e exclusin social

O 50% das traballadoras estranxeiras tera que mudar de ocupacin para estar equilibradamente representadas no mercado laboral

Tras tres anos de traballo presentan as primeiras conclusins

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • Igualdade
  • Աپ
M.Del Ro DUVI 21/02/2020

Co obxectivo de comprender as orixes e identificar as consecuencias da desigualdade e da exclusin social botou a andar en decembro de 2016 un proxecto do Plan Nacional de I+D+i no que participaron, como membros do equipo ou como colaboradores externos, catro investigadoras e investigadores da 鶹. Coral del Ro, Olga Alonso, Carlos Gradn e Amaia Palencia, do grupo Ecosot, xunto con especialistas das universidades de Alcal, Autnoma de Barcelona, Complutense de Madrid e Rey Juan Carlos, coordinaron un subproxecto centrado nas desigualdades econmicas no mercado de traballo, analizando e cuantificando a segregacin ocupacional. Rematado o perodo de tres anos de duracin deste estudo, estanse dando a coecer os resultados das diferentes lias de investigacin, entre elas, as desenvolvidas polo equipo vigués. Os docentes da 鶹, que forman parte da agrupacin estratéxica Ecobas, centrronse, por unha banda, en avaliar a situacin das persoas LGTB no mercado de traballo de EEUU; por outra, en realizar unha anlise comparativa en Europa da segregacin ocupacional da poboacin inmigrante e nativa, e como terceira pata, en desenvolver un concepto novo, que denominan perda de benestar que a sociedade experimenta debido segregacin, ofrecendo ndices que permiten cuantificalo.

Unha das conclusins mis destacadas no que se refire poboacin inmigrante en Espaa é que o 50% das mulleres de nacionalidade estranxeira tera que mudar de ocupacin para estar equilibradamente representadas en todas as ocupacins do mercado laboral. No caso dos traballadores estranxeiros esta cifra alcanza a un de cada tres traballadores. “Segundo os nosos clculos, e de acordo coa informacin dispoible nas enquisas oficiais de mercado de traballo (o que supn unha estimacin conservadora), o salario medio das mulleres estranxeiras era un 25 por cento inferior ao da economa no seu conxunto, e un 80 por cento desa diferenza vira explicada pola elevada concentracin do seu emprego en ocupacins de baixos salarios (principalmente emprego doméstico)”, explica Coral del Ro. No que se refire aos homes, presentan unha situacin algo mellor, “pero igualmente gravosa, ao teren un salario medio un 17% inferior media, sendo a súa segregacin ocupacional responsable de case o 70% desa diferenza”, engade.

A poboacin emigrante, mis segregada no sur de Europa

Ao abeiro deste proxecto e no marco da súa tese de doutoramento, Amaia Palencia desenvolveu un estudo comparativo da situacin da poboacin inmigrante en diferentes pases europeos. Os seus resultados amosan que a poboacin inmigrante estn menos segregada no Reino Unido, Holanda, Irlanda e Suza, mentres que Italia, Grecia, Chipre e Hungra presentan os maiores niveis de segregacin. De feito, os pases do sur, inclundo a Espaa, amosan “un patrn de emprego particular: os fogares empregan unha gran cantidade de mulleres inmigrantes e crean un réxime de coidados que se veu denominar na literatura, ‘unha inmigrante na familia’, réxime que é practicamente inexistente no resto dos pases europeos”, recorda Palencia. Os resultados do estudo tamén reflicten unha situacin moi desigual entre os pases do norte do continente, xa que a segregacin da poboacin inmigrante é baixa en Suecia, pero Dinamarca e Finlandia presentan niveis bastante elevados. Os pases do leste caracterzanse por ter unha moi baixa proporcin de inmigrantes no seu mercado laboral, o que obrigou a restrinxir o estudo a s dous de ditos pases: Hungra e República Checa. En ambos casos, e a pesar disto, “a segregacin resultou ser das ms altas dentro dos pases europeos”. 

Os resultados deixan outros dous datos salientables. Por unha banda, que os homes inmigrantes estn menos segregados que as mulleres e, por outra, que a segunda xeracin est menos segregada que a primeira en practicamente todos os pases, en lia coas predicins da ‘teora da asimilacin’.

O colectivo LGTB en EEUU

O estudo realizado polo equipo da 鶹 tamén ten analizado a importancia da distribucin por ocupacins dos individuos que viven en parellas do mesmo sexo co obxectivo de explicar a posicin econmica das mulleres lesbianas e os homes homosexuais en EEUU. Os resultados amosan que as mulleres lesbianas son o grupo co nivel de segregacin mis baixo dos catro analizados, é dicir, “é o grupo mis uniformemente distribudo por ocupacins”, mentres que as mulleres heterosexuais teen o nivel mis alto. As, explica a profesora del Ro, “s un 20% das mulleres lesbianas teran que cambiar de ocupacin para distriburse de maneira uniforme entre as ocupacins, mentres que esta porcentaxe é case do 30% para as mulleres heterosexuais”. 

A anlise tamén revela que a distribucin dos homes homosexuais por ocupacins brndalles unha ganancia monetaria, con respecto ao salario media dos/as traballadores/as (que viven en parella), mentres que a das mulleres lesbianas s lles permite afastarse das grandes perdas que teen as mulleres heterosexuais. Dun xeito xeral, o maior nivel educativo e, en menor medida, o menor perfil migratorio protexen os traballadores en parellas do mesmo sexo, “revelando que os homes homosexuais non gozan do privilexio dos homes heterosexuais e que as mulleres lesbianas non estn libres da marca de xénero”.