DUVI

Diario da 鶹

Adrin Presas analizou na súa tese o poder nas sete cidades galegas entre 1939 e 1951

4840 nomes para explicar como a ditadura franquista creou as súas elites polticas locais

No estudo nega que o réxime fose continuista co caciquismo de épocas anteriores

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 03/12/2019

“Clarificar a construcin da ditadura franquista a nivel local en Galicia a través dos consistorios municipais das sete cidades galegas”. Este é o obxectivo que se marcou o historiador Adrin Presas na súa tese de doutoramento. Para acadalo, nela analiza 4840 nomes que formaron parte das elites polticas e do poder local na Galicia urbana entre 1939 e 1951. Entre as súas conclusins rebate a consideracin de que “a ditadura foi un sistema continuista do caciquismo de épocas anteriores”.

A tese foi presentada este curso académico na Facultade de Historia do campus de Ourense baixo a direccin do profesor Julio Prada. “O que pretendemos nesta tese foi estudar a continuidade e descontinuidade das elites polticas nas sete cidades galegas entre 1917 e 1951”, comenta o historiador. A eleccin de 1917 como punto de arranque, detalla, débese a que “foi o ano no que se produciu a revolucin rusa e que supuxo unha crise de identidade para a dereita europea, espaola e galega, que viron a aplicacin do modelo comunista nun pas europeo”.

Na súa investigacin Adrin Presas afondou na orixe dos homes que ocuparon os cargos municipais nas cidades galegas na ditadura franquista no perodo estudado, realizando unha base de datos con 4840 nomes. Froito da anlise destes datos a tese conclúe que “o réxime que mis elites destruu foi a ditadura de Primo de Rivera, moito mis que a etapa da Segunda República ou da Restauracin borbnica”. A ditadura franquista, detalla o historiador, “comezou a súa andadura botando man dos homes de sempre, aqueles que foran concelleiros en épocas anteriores a xullo de 1936. Pero a partir de outubro de 1937, a cousa cambia e comezan a ocupar os cargos municipais con homes sen experiencia poltica previa ou que comezaran a tela en xullo de 1936”. A conclusin fundamental do seu estudo, sublia Adrin Presas, é que “a pesar do que vén dicindo a historiografa sobre a ditadura franquista no mundo local, que considera a ditadura como sistema continuista do caciquismo de épocas anteriores, demostramos que o réxime configúrase con elementos propios que nada teen que ver co anterior a xullo de 1936”.

Experiencia e nivel socioeconmico

“O que se viviu nas cidades galegas dende o preciso instante no que se produciu o golpe de Estado de xullo de 1936 foi un proceso de construcin das elites polticas urbanas e de toda a trama institucional que esas empregaran no seu da a da”, comenta Adrin Presas. Segundo recolle a tese de doutoramento, a anlise dos homes que constituron a elite poltica urbana galega ofrece varias claves interpretativas. Por un lado, detalla, obsérvase a recorrencia a homes cunha determinada experiencia anterior no campo da poltica municipal; “homes que, unha vez iniciado o golpe de estado de xullo de 1936, comezaron o seu proceso de asociacin e identificacin pública cos postulados do movemento”.

Pola outra banda, engade Adrin Presas, iniciouse a creacin dunha elite propia ditatorial con elementos que careceron de traxectoria poltica previa a xullo de 1936; “homes que se asociaron e identificaron co movemento polo que de defensor dos seus intereses persoais e colectivos tivo para eles”. A observacin da orixe socioeconmica da maiora deles, sinala Adrin Presas, apunta a que a ditadura preferiu a aqueles que contaron cun traballo estable. “Semella que as autoridades da ditadura franquista puxeron todo o seu esforzo na creacin dunha elite poltica fundamentada nun binomio determinado: a experiencia poltica previa ditadura, sumada a unha posicin econmica desafogada resultara o modelo ideal de xestor municipal ou concelleiro para as autoridades ditatoriais. É dicir, que a ditadura franquista sustentou o seu crecemento poltico e administrativo nunhas elites polticas determinadas pola súa orixe poltica e polo seu nivel econmico e social”, sinala o xa doutor.

Na tese, engade o historiador, tamén estudaron a figura dos gobernadores civs galegos, interesndonos por cal foi a súa actuacin administrativa. “Descubrimos que unha das súas grandes preocupacins foi a fame entre a poboacin. Ata tal punto estaban preocupados que temeron que os cidadns puidesen rebelarse contra as autoridades da ditadura”, afirma Adrin Presas.