DUVI

Diario da 鶹

Á espera de que a Delegacin do Goberno manifeste a súa conformidade co acordo do Cecop

Paralizada a expedicin dos documentos que permitan a mobilidade interprovincial do alumnado

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Estudantado
  • ú
  • Institucional
DUVI 19/05/2020

Á espera de que a Delegacin do Goberno en Galicia manifeste expresamente a súa conformidade co acordo adoptado o pasado sbado polo Centro de Coordinacin Operativa polo que o estudantado matriculado nalgunha das tres universidades galegas poda desprazarse entre as catro provincias “para os efectos da recollida e desaloxo, no seu caso, dos aloxamentos contratados para o curso 2019/2020, ou a recollida de materiais nas residencias universitarias”, a 鶹 acordou paralizar a expedicin de documentos que permitan a mobilidade interprovincial do seu alumnado.

No acordo adoptado polo Cecop a pasada fin de semana que permita s universidades do SUG expedir documentos para que o alumnado que o solicitase puidese realizar unha soa viaxe entre as provincias galegas co obxectivo de recoller ou desaloxar as vivendas contratadas para este curso e mesmo recoller materiais na súas residencias académicas, xa se recolla que o citado acordo sera trasladado Delegacin do Goberno, “para os efectos de que manifeste expresamente a súa conformidade ou non, facendo especial fincapé, tal e como se manifestou no Cecop, na necesidade de que este pronunciamento expreso tea lugar o mis axia posible, tendo en conta a urxencia con que moitos estudantes galegos necesitaran facer os desprazamentos obxecto deste acordo”.

Ao non terse producido anda o pronunciamento expreso por parte da Delegacin do Goberno en Galicia e ante a posibilidade de que o acordo adoptado polo Cecop puidese quedar invalidado por unha norma superior, a 鶹 decidiu paralizar a expedicin de documentos, co obxectivo de preservar a seguridade xurdica do seu alumnado ata que a Delegacin do Goberno realice un pronunciamento expreso en relacin co acordo adoptado polo Cecop.