DUVI

Diario da 鶹

A profesora releva no cargo a Águeda Gmez

Yolanda Rodrguez, nova directora da Unidade de Igualdade: “As universidades deben liderar o cambio social de construr sociedades xustas, igualitarias e libres de violencias”

Entre os retos que afrontar no seu mandato estn a elaboracin do novo Plan de Igualdade da 鶹

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Ourense 17/01/2025

Desde este mes de xaneiro, a Unidade de Igualdade da 鶹 conta cunha nova directora. Trtase da profesora, especialista en temas de xénero, Yolanda Rodrguez, que releva no posto a Águeda Gmez, fichada como asesora cientfica do Ministerio de Igualdade. Ela asume o cargo coa conviccin de que “as universidades deben liderar o cambio social de construr sociedades xustas, igualitarias e libres de violencias tanto no espazo on line como off line”. Entre os retos que afrontar no seu mandato estn dar continuidade programacin da citada unidade e a elaboracin dun novo Plan de Igualdade para a 鶹.

Yolanda Rodrguez é profesora titular da Área de Personalidade, Avaliacin e Tratamentos Psicolxicos da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense. É doutora en Psicopedagoxa, membro do equipo de investigacin Saúde, Sexualidade e Xénero (PT1) da 鶹 e est especializada en temas de xénero, sexismo, estereotipos de xénero, sexualidade e violencias sexuais e de xénero. Liderou proxectos de investigacin en convocatorias autonmicas e estatais e participou en mis de vinte convocatorias internacionais, estatais e autonmicas. Ademais ten publicado mis de 130 artigos en revistas estatais e internacionais e é coautora de arredor de 15 libros.

Ilusin e responsabilidade

Ante a nova responsabilidade que asume, Yolanda Rodrguez sublia que se sinte “moi ilusionada”, pois, indica, “este nomeamento representa para min un recoecemento mia traxectoria docente e investigadora”. Neste senso fai fincapé no seu agradecemento a Manuel Reigosa, reitor da 鶹, e ao seu equipo reitoral, que, sublia, “confiaron en min para asumir este importante rol”, e sinala que a súa achega “ser compromiso, traballo, responsabilidade e lealdade coa propia institucin”.

Sobre a Unidade de Igualdade, a súa nova directora recalca que “desempea un papel esencial na promocin dunha contorna igualitaria e equitativa para todas as persoas da comunidade universitaria”. A igualdade, lembra, “é un dous eixes nos que se sustenta o noso Plan Estratéxico de 鶹 (2021-2026) e no que a defensa da plena igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres é un valor propio da nosa institucin”. Yolanda Rodrguez sinala que a relevancia deste rgano manifestase no traballo que fai “na promocin da igualdade de oportunidades; na educacin e sensibilizacin; no apoio e asesoramento ante situacins de discriminacin ou violencias; no desenvolvemento e implementacin de polticas e procedementos para previr e abordar calquera forma de discriminacin ou acoso dentro da universidade, creando un ambiente seguro e respectuoso”. A Universidade Vigo, sublia, “é pioneira na tolerancia cero fronte s violencias (sexuais e de xénero) e xunto coa Unidade, é responsable de crear contornas seguras e igualitarias para toda a comunidade universitaria”.

Continuidade e novos retos

Sobre as súas expectativas para o mandato que comeza, a directora da Unidade de Igualdade da 鶹 apunta que en primeiro lugar quere “seguir coas numerosas iniciativas e proxectos innovadores xa encamiados pola anterior directora, Águeda Gmez, que desempeou un magnfico traballo na Unidade”. Entre moitas delas cita o Plan Corresponsables, en colaboracin coa Xunta de Galicia; a Ctedra de Feminismos 4.0 DEPO-鶹; o Observatorio de Igualdade; o Itinerario formativo virtual en xénero, as como os premios, distintivos e convocatorias para realizar as actividades docentes e de sensibilizacin.

En todo caso, o reto mis importante deste ano ser, indica Yolanda Rodrguez, elaborar un novo Plan de Igualdade para a 鶹 adaptado actual normativa universitaria (LOSU). En primeiro lugar, adianta, farase unha diagnose detallada dos resultados obtidos no anterior plan para seguir afondando nas cousas non alcanzadas plenamente e “propoer novas medidas que promovan valores de xustiza, respecto e igualdade que beneficien a toda a comunidade universitaria”.

Entre outros obxectivos, a profesora tamén d protagonismo a “seguir traballando na prevencin, sensibilizacin e intervencin do acoso sexual e en funcin do sexo tanto na dimensin off line como en lia”. Neste senso recalca que “crear unha contorna universitaria libre de violencias é esencial para o benestar de todas as persoas que formamos a Universidade (estudantado, PDI, PAS e outros colectivos)”.

Para acadar unha igualdade real, comenta Yolanda Rodrguez, “anda temos moito traballo por diante”. Ademais, afirma, “xorden novos desafos promovidos pola dixitalizacin da sociedade, que provocan cambios relevantes na forma que temos de relacionarnos e de comunicarnos”. Os patrns sexistas e estereotipados das relacins, sublia, “traspasan a esfera en lia e materialzanse a través das diversas ciberviolencias sexuais e de xénero”. Neste contexto, advirte a profesora, “desde a Unidade de Igualdade debemos estar en alerta ante estes novos fenmenos de violencia en lia para previlos e combatelos”.